Home Pontevedra O Concello de Redondela realizou o pago de 2,7 millóns de euros...

O Concello de Redondela realizou o pago de 2,7 millóns de euros de facturas pendentes en tempo récord

- Anuncio -
  • O Concello de Redondela conseguiu abonar en tempo récord a totalidade das facturas pendentes por valor de 2,7 millóns de euros. Os pagos comezaron a realizarse a mediados de xullo e remataron esta semana, antes de finalizar agosto. A débeda saldouse moito antes do prazo establecido, que estaba fixado para o mes de outubro.
  • A alcaldesa, Digna Rivas, agradece “a gran labor dos traballadores do Concello que conseguiron adiantar os prazos previstos para os pagos, o que demostra que non existe ningún problema de Tesourería neste Concello”. A rexedora lamenta que o PP “provocase unha alarma social con mentiras, porque a realidade é que o Concello non está en quebra, nin houbo intervención ningunha, e todos os pagos fixéronse en mes e medio”.
  • O concelleiro de Infraestruturas, Roberto Villar, denuncia que “a intoxicación mediática do PP provocou numerosos prexuízos á veciñanza”. O edil explica que “a falsa alarma creada polos populares sobre a situación financeira do Concello fixo que varios provedores deixasen de subministrarnos material, co que moitas obras e arranxos que era necesario realizar non puideron facerse”.

O Concello de Redondela conseguiu abonar en tempo récord a totalidade das facturas pendentes por valor de 2,7 millóns de euros. A débeda saldouse moito antes do prazo establecido, que era o mes de outubro. Os pagos comezaron a realizarse a mediados de xullo e remataron esta semana, antes de finalizar agosto. A alcaldesa, Digna Rivas, agradece “a gran labor dos traballadores do Concello que conseguiron adiantar os prazos previstos e a totalidade das facturas están saldadas xa, o que demostra que non existe ningún problema de Tesourería neste Concello”. A rexedora lamenta que o PP “provocase unha alarma social con mentiras, porque a realidade é que o Concello non está en quebra, nin houbo intervención ningunha, e os pagos fixéronse tal como anunciamos no seu momento, mesmo máis rápido do previsto en tan só mes e medio”. “Queda demostrado que a situación financeira do Concello de Redondela está saneada, cun remanente de Tesourería de case 3,7 millóns de euros que permitiu facer o pago das facturas, e con débeda 0”, sinala Rivas. A alcaldesa agradece tamén “o apoio responsable” do BNG para sacar adiante no pleno o recoñecemento extraxudicial das facturas e que os provedores puidesen cobrar. As facturas que se pagaron corresponden ao ano 2023 e algunhas de finais de 2022. Os pagos quedaran pendentes por unha avaría informática moi grave que sufriu o departamento de intervención o ano pasado, e iso atrasou todo o procedemento.

Villar denuncia que “as mentiras do PP provocaron prexuízos á veciñanza”
O concelleiro de Infraestruturas, Roberto Villar, denuncia que “intoxicación mediática” por parte dos populares “só busca entorpecer o traballo do goberno municipal e provocou numerosos prexuízos á veciñanza”. O edil explica que “a falsa alarma creada polos populares sobre a situación financeira do Concello fixo que varios provedores deixasen de subministrarnos material, co que moitas obras e arranxos que era necesario realizar en diferentes puntos do municipio non puideron facerse”.

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Crecente e As Neves...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O BNG de Vigo demanda que Caballero rectifique o “atropelo” de desaloxar a...

0
A fronte nacionalista anuncia un recurso de reposición contra a decisión do Goberno local por desviación de poder ao expulsar á Federación Veciñal do...

O BNG lamenta a incapacidade de Telmo Martín de licitar debidamente o novo contrato...

0
O Concello deberá aprobar unha continuidade da actual concesionaria (Ascan), a pesar de que o contrato expira o próximo día 22, logo de que o Xulgado...

O PP esixe retomar o control poboacional de gaivotas e pombas na cidade de...

0
• O partido máis votado amoesta ao BNG por non formalizar o contrato durante o 2024 con ningunha empresa, “causando un prexuízo á hostalería...

O Concello de Tui e ACOUGO dan o primeiro paso de cara a sinatura...

0
O obxectivo será visibilizar o traballo da Asociación Galega de Familias de Acollida e apoiar as familias que desexen ser acolledoras O Concello de Tui...

Dan comezo as obra de mellora da estrada provincial EP-2204 (Sabarís-Belesar)

0
A execución da obra consiste na modificación de 150 m en torno ao momento quilométrico 1+900, en cada marxe da vía en torno da...

Publicacións Relacionadas