Home Pontevedra Caldas Luis López sitúa a Festa da Anguía e Mostra da Caña do...

Luis López sitúa a Festa da Anguía e Mostra da Caña do País de Valga como “unha das citas de maior tradición do verán nas Rías Baixas”

- Anuncio -

O presidente provincial participou en Valga na edición número 34 dunha cita gastronómica declarada de interese turístico de Galicia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acaba de participar este sábado en Valga na Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, “unha das citas de maior tradición do verán nas Rías Baixas” ao celebrar este ano a súa edición número 34. O mandatario provincial tivo a oportunidade de coñecer as diversas preparacións de anguía elaboradas pola veciñanza de Valga e o sobre o tradicional proceso de elaboración da augardente de caña do país.

Durante a súa visita a Valga, o presidente da Deputación de Pontevedra escoitou o pregón do festexo que, este ano, correu a cargo de Mª Esther Ordóñez, presidenta do Consello Regulador Mel de Galicia e integrante da Academia de Ciencias Veterinarias. Ademais, tivo a oportunidade de facer entrega dos premios dos diferentes concursos desenvolvidos ao abeiro da festa.

Desde a Deputación de Pontevedra recoñécese a importancia de festas gastronómicas como a da anguía e a mostra de caña do país de Valga polo seu papel para poñer en valor a cociña tradicional. Tamén como factor de atracción de visitantes e de consolidación e enriquecemento da provincia de Pontevedra como unha referencia gastronómica de primeira orde.

Relacionadas

A ANPA Cal do Vergazo, en colaboración co concello da Lama, celebra este domingo...

0
O alcalde David Carrera e membros desta asociación escolar presentaron a actividade que contará con 51 expositores, música e obradoiros participativos O alcalde da Lama,...

A Deputación leva este domingo a Soutomaior o circuíto +Escénicas con “O tranvía Leonardo”,...

0
O espectáculo para público infantil celebrarase ás 17:30 horas na Casa da Cultura +Escénicas é un novo circuíto da institución provincial, dotado con 150.000 euros,...

O BNG emenda os orzamentos da Xunta para que Soutomaior conte canto antes co...

0
O BNG de Soutomaior vén de presentar as súas emendas aos Orzamentos da Xunta de 2025. O obxectivo destas emendas é que a Xunta...

A Deputación leva este domingo a Cerdedo-Cotobade a proxección de “A viaxe de Lucy”...

0
O documental poderá verse na Casa do Pobo de Corredoira ás 18:30 horas O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do...

400 escolares aprenden a alimentarse de maneira saudable

0
● O Concello do Porriño, coa colaboración do SERGAS, impulsa estes talleres de nutrición nos centros educativos O Concello do Porriño segue apostando pola promoción...

A Deputación leva este sábado ás Neves a proxección de “Os espazos en branco”...

0
O documental poderá verse no Auditorio municipal ás 20:00 horas O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do Audiovisual, chegará tamén...

Publicacións Relacionadas