Home Pontevedra Baixo Miño Lecer activo, creatividade e traballo en equipo nos campamentos de verán do...

Lecer activo, creatividade e traballo en equipo nos campamentos de verán do Rosal

- Anuncio -

Éxito rotundo das actividades estivais para nenos e nenas organizadas por Concello, Agrupación Musical do Rosal, UD Ribera e Valinox Novás

Co verán chegando ao seu fin e o curso escolar a piques de comezar, o Concello fai un balance moi positivo dos campamentos realizados no Rosal durante a época estival, espazos de encontro que brindaron a nenos e nenas unha experiencia enriquecedora no que o lecer activo, a creatividade, o traballo en equipo e a experimentación foron os eixos principais dunha alternativa lúdica e educativa única para a cativada.
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, destaca que durante os meses de xullo e agosto grazas aos campamentos de Concello, Agrupación Musical do Rosal, UD Ribera e Valinox Novás “a rapazada puido gozar dunha alternativa de lecer lúdica e educativa durante as súas vacacións estivais ao tempo que se favorecía a conciliación familiar e laboral de rosaleiros e rosaleiras, tan importante nestas datas”.
O campamento municipal, celebrado no CPI Manuel Suárez Marquier e en espazos variados do concello, contou cunha ampla variedade de dinámicas, xogos e actividades adaptadas as diferentes idades combinada con saídas ao exterior para gozar dos diferentes espazos naturais da contorna e afondar na posta en valor do medio ambiente.
Deste xeito leváronse a cabo actividades físico deportivas que se complementaron con propostas coas que potenciar outras destrezas, como clases de cociña, debuxo, xogos de mesa, a busca do tesouro arqueolóxico, festas temáticas como a da auga, xincanas ou xogos clásicos colaborativos. Ademais de asistir como público á representación de dúas pezas teatrais, durante os campamentos tamén se recibiu a visita de dúas mozas que introduciron a todas e todos os participantes na importancia do Consello da Infancia e Adolescencia.
Nenas e nenos deron tamén unha grande acollida ás saídas realizadas, como a visita ao velódromo das Eiras para xogar cos máis variados xoguetes con rodas, a mañá no Parque de Pías, a xornada de diversión e relax nas Aceñas, un día de baño na Pesqueira ou unha ruta polos muíños do Folón e do Picón para coñecer a contorna e desfrutar deste espazo natural.
“O balance é moi positivo. Conseguimos ofrecer unha ampla gama de experiencias que non só foron divertidas, senón tamén educativas”, destaca a rexedora, que quixo tamén “agradecer a colaboración de todas as entidades involucradas nos diferentes campamanentos, que fan posible combinar lecer e educación e que a nosa rapazada goce dunhas vacacións de maneira activa e creativa”.

Relacionadas

O Concello de Tui e ACOUGO dan o primeiro paso de cara a sinatura...

0
O obxectivo será visibilizar o traballo da Asociación Galega de Familias de Acollida e apoiar as familias que desexen ser acolledoras O Concello de Tui...

Dan comezo as obra de mellora da estrada provincial EP-2204 (Sabarís-Belesar)

0
A execución da obra consiste na modificación de 150 m en torno ao momento quilométrico 1+900, en cada marxe da vía en torno da...

Jaime Chávarri, Premio Feroz Audi de Honra 2025, compartirá unha charla maxistral co...

0
O xoves 23 de xaneiro no Teatro Principal terá lugar a xa tradicional clase maxistral do cineasta  homenaxeado pola AICE   Audi volve ser Vehículo Oficial...

A Deputación presenta aos colectivos veciñais de Marín os programas de Acción Comunitaria, cunha...

0
O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, acompañado da alcaldesa de Marín e tamén deputada provincial, María Ramallo, ofreceu un encontro co movemento...

O Porriño aposta pola modernización das súas infraestruturas deportivas cunha intervención no pavillón do...

0
● Un proxecto que transforma as instalacións deportivas en espazos modernos, accesibles e ao servizo de toda a comunidade. ● Esta actuación é parte do...

A Deputación programa este venres e sábado novas saídas do programa Lecer en familia...

0
As estancias programadas este 17 e 18 de xaneiro levarán a familias de 18 concellos ao Gran Talaso Hotel Sanxenxo, ao Hotel Bienestar Moaña...

Publicacións Relacionadas