Home Pontevedra O Salnés O BNG responsabiliza a Telmo Martín de provocar “o verán máis caótico...

O BNG responsabiliza a Telmo Martín de provocar “o verán máis caótico de Sanxenxo en moitos anos”

- Anuncio -

Os nacionalistas sinalan que a incapacidade de xestión do Goberno  do Partido Popular traduciuse en problemas crónicos que se  rexistraron durante toda a tempada estival, como a falta de espazos  para estacionar, o colapso do tráfico, o mal funcionamento de  servizos básicos como a recollida do lixo e o abandono do rural 

O voceiro do Bloque, Fran Leiro, ten claro que a imaxe que  

trasmitiu o concello durante estes meses “está nas antípodas da  seriedade, a limpeza e o bo funcionamento que caracteriza a un  destino turístico de tanta relevancia” 

O verán de 2024 será lembrado como  un dos máis caóticos dos últimos anos, consecuencia da nefasta xestión e da  política de cemento de Telmo Martín. Así de contundente se amosa o Bloque  Nacionalista Galego (BNG) de Sanxenxo á ahora de facer unha análise do  acontecido no municipio entre os meses de xuño e agosto, nos que quedou  patente a incapacidade do equipo de Goberno do Partido Popular para xestionar á  altura do que merece a veciñanza e un destino turístico de referencia a todos os  niveis. “Telmo Martín deixa a imaxe do concello nas antípodas da seriedade, a  limpeza e o bo funcionamento que nos debe caracterizar”, critican os  nacionalistas. 

A falta de estacionamentos no centro de Sanxenxo e nas proximidades, a  situación de insalubridade rexistrada en diferentes puntos das parroquias pola  insuficiencia de frecuencias da recollida do lixo, o abandono do rural ou o colapso  do tráfico, sen apenas dispositivos de seguridade habilitados, son algúns dos  exemplos dos problemas e molestias que tiveron que padecer os veciños, veciñas  e visitantes desde o inicio da tempada estival. Tal e como incide o voceiro do  Bloque, Fran Leiro, “non estamos falando de situacións puntuais dunha data en  concreto, senón dunha constante desde xuño ata setembro”. Xa antes da  chegada do mes de xullo “as persoas residentes en núcleos como o de Sanxenxo  non tiñan donde estacionar”, recorda Leiro, que tilda de “fracaso absoluto” a 

ocurrencia de Telmo Martín da lanzadeira de transporte entre a vila e o polígono  de Nantes. “Desde o BNG sempre defenderemos a necesidade de apostar polo  transporte público, pero dun xeito serio e eficiente e non como mera propaganda,  que foi o que fixo o señor Martín”. Proba disto é que a explanada habilitada para  aparcar vehículos no parque empresarial ficou baleira practicamente durante todo  o verán.  

Esta falta de estacionamento súmase á incapacidade do Goberno local de ter  previstos dispositivos especiais para controlar o tráfico, producíndose retencións  e o colapso da circulación en moitos lugares, sendo especialmente conflitivo o  punto no que se atopa o novo semáforo da Rúa Progreso. 

A xuízo dos nacionalistas, os problemas derivados da pésima xestión da recollida  do lixo só é unha proba máis do “peor verán dos últimos anos” protagonizado  polo Goberno local do Partido Popular e por Telmo Martín, quen “sube impostos á  veciñanza e mellora o seu soldo ao tempo que deixa en precario o funcionamento  de moitos servizos básicos”, conclúe Leiro. Esta deficiencia repetiuse en varias  ocasións, nalgúns casos en lugares céntricos, xerando “unha situación de  insalubridade e unha imaxe de abandono impropia dun concello como Sanxenxo”.  A isto hai que sumarlle a precaria situación no rural, con numerosas pistas e  zonas públicas que se atopan nun evidente estado de abandono, a pesares das  queixas reiteradas de moitos veciños e veciñas. Ademais, tal e como recorda  Fran Leiro, este ano o Concello reduciu o número de actividades nas parroquias  máis pequenas correspondentes ao programa de verán, o que supón “unha falta  de respecto máis cara a veciñanza destas localidades e unha clara mostra de que  ao señor Martín só lle interesa o que sucede nos arredores de Silgar e do Porto  Deportivo”. 

Por último, desde o BNG auguran que esta pésima xestión continuará ao longo do  ano, nun mandato no que “ata o de agora no único que se mellorou foi nos  soldos de Telmo Martín e do seu equipo de Goberno, cortesía das subas de  impostos perpetradas en apenas un ano”.

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Crecente e As Neves...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O BNG de Vigo demanda que Caballero rectifique o “atropelo” de desaloxar a...

0
A fronte nacionalista anuncia un recurso de reposición contra a decisión do Goberno local por desviación de poder ao expulsar á Federación Veciñal do...

O BNG lamenta a incapacidade de Telmo Martín de licitar debidamente o novo contrato...

0
O Concello deberá aprobar unha continuidade da actual concesionaria (Ascan), a pesar de que o contrato expira o próximo día 22, logo de que o Xulgado...

O PP esixe retomar o control poboacional de gaivotas e pombas na cidade de...

0
• O partido máis votado amoesta ao BNG por non formalizar o contrato durante o 2024 con ningunha empresa, “causando un prexuízo á hostalería...

O Concello de Tui e ACOUGO dan o primeiro paso de cara a sinatura...

0
O obxectivo será visibilizar o traballo da Asociación Galega de Familias de Acollida e apoiar as familias que desexen ser acolledoras O Concello de Tui...

Dan comezo as obra de mellora da estrada provincial EP-2204 (Sabarís-Belesar)

0
A execución da obra consiste na modificación de 150 m en torno ao momento quilométrico 1+900, en cada marxe da vía en torno da...

Publicacións Relacionadas