Home Pontevedra Caldas O concello de Cuntis acomete melloras paa reforzar a seguridade viaria na...

O concello de Cuntis acomete melloras paa reforzar a seguridade viaria na contorna do CPI Aurelio Marcelino García Rey

- Anuncio -

• Os traballos, que se levaron a cabo nos últimos días, consistiron no repintado da sinalización horizontal nas rúas Pedro Campos, José María Lastra e Rúa do Colexio, tal e como explicou o alcalde, Manuel Campos

• O Goberno local realizou esta actuación dando así reposta a unha demanda proposta por nais e pais do alumnado do centro educativo cuntiense

O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, vén de supervisar os traballos de mellora e reforzo acometidos nos últimos días na contorna do Colexio Público Integrado (CPI) Aurelio Marcelino García Rey. Tal e como explica o rexedor socialista, esta actuación foi levada a cabo polos operarios municipais para garantir e incrementar a mellora da seguridade viaria.

Os labores centráronse fundamentalmente en reforzar a sinalización horizontal existente na Rúa do Colexio, a Rúa José María Lastra e a Rúa Pedro Campos. Procedeuse a repintar toda esta sinalización, para que conten cunha maior visibilidade. O pintado realizouse tanto nos pasos para peóns da contorna, así como na parada de buses, zonas de estacionamento e vados de vivendas. Tal e como explicou o Manuel Campos, estes traballos leváronse a cabo antes do comezo do curso escolar, dando cumprimento a unha demanda realizada por nais e pais do alumnado do centro educativo cuntiense. “A seguridade viaria para nós é unha prioridade e máxime cando estamos a falar dunha zona pola que transitan cada día unha gran cantidade de persoas, especialmente rapazada, como é nestas rúas próximas ao CPI”, indicou o alcalde de Cuntis. Inicialmente, estaba previsto que estes traballos se desenvolvesen durante a semana pasada, pero foi necesario adialos ata este luns por mor das inclemencias meteorolóxicas. O alcalde agradeceu a comprensión das persoas residentes na zona, xa que para poder proceder ao pintado foi preciso limitar o aparcamento de xeito temporal.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas