Home O Morrazo Marín As obras no río Lameira obrigan a pechar temporalmente o tránsito peonil...

As obras no río Lameira obrigan a pechar temporalmente o tránsito peonil pola pasarela de madeira

- Anuncio -

A razón técnica é que os piares de sostemento da pasarela vense afectados polos traballos que se están a desenvolver no cauce. No proxecto inclúese a creación dunha senda peonil nova.

As obras do río Lameira, que supoñen unha importante inversión para deslocalizar todo o actual colector de saneamento que vai polo medio do río, renovalo e, polo tanto mellorar todo o saneamento da zona, van avanzando.

Mais estes traballos afectan aos piares de sostemento da pasarela de madeira que permite o tránsito peonil pola zona. Ante esta situación, os criterios técnicos obrigan a pechar temporalmente o tránsito peonil pola pasarela, xa que pode estar desestabilizada.
Ademais, o Concello recorda que dentro do proxecto do colector inclúese a creación dunha senda peonil por todo o río, que permitirá mellorar un dos corredores verdes máis agradables que temos no centro urbano da vila.

No que respecta ao proxecto de saneamento, estase a executar unha obra de máis de 3 millóns de euros coa que actuamos sobre a rede de augas residuais da cunca do Lameira, que finaliza no bombeo do mesmo nome. Ese caudal chega ata o colector da Avenida de Ourense, onde finalmente impúlsase o saneamento ata a EDAR de Placeres. Este colector é un dos fundamentais de toda a rede de saneamento municipal, xa que cobre este servizo na maior parte do casco urbano.

A orixe do colector está na PO-313, pero a maior parte discorre polo propio leito do río. Isto, sumado a que existe unha rede única (que suma fecais e pluviais) en gran parte das rúas. O alto grado de infiltración de auga de chuvia no sistema provoca que se sobrepase o caudal máximo e que, polo tanto, se produzan verquidos incontrolados ao medio ambiente.
Polo tanto, con este proxecto integral búscase resolver esta problemática, renovando o colector, mellorando o bombeo e interviñendo nalgúns puntos claves da rede, como en Coirados, Jaime Janer, a Barriada de Suboficiais, o Lavadoiro do Souto ou a zona de Mogor.

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Crecente e As Neves...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O BNG de Vigo demanda que Caballero rectifique o “atropelo” de desaloxar a...

0
A fronte nacionalista anuncia un recurso de reposición contra a decisión do Goberno local por desviación de poder ao expulsar á Federación Veciñal do...

O BNG lamenta a incapacidade de Telmo Martín de licitar debidamente o novo contrato...

0
O Concello deberá aprobar unha continuidade da actual concesionaria (Ascan), a pesar de que o contrato expira o próximo día 22, logo de que o Xulgado...

O PP esixe retomar o control poboacional de gaivotas e pombas na cidade de...

0
• O partido máis votado amoesta ao BNG por non formalizar o contrato durante o 2024 con ningunha empresa, “causando un prexuízo á hostalería...

O Concello de Tui e ACOUGO dan o primeiro paso de cara a sinatura...

0
O obxectivo será visibilizar o traballo da Asociación Galega de Familias de Acollida e apoiar as familias que desexen ser acolledoras O Concello de Tui...

Dan comezo as obra de mellora da estrada provincial EP-2204 (Sabarís-Belesar)

0
A execución da obra consiste na modificación de 150 m en torno ao momento quilométrico 1+900, en cada marxe da vía en torno da...

Publicacións Relacionadas