Home Vigo O Porriño O CEIPP da Ribeira reforza a súa aposta pola innovación educativa

O CEIPP da Ribeira reforza a súa aposta pola innovación educativa

- Anuncio -

● O colexio de Torneiros obtivo a maior puntuación na primeria fase do programa Observa_Acción de fomento do desenvolvemento das Competencias Profesionais Docentes e a aprendizaxe conxunta entre profesores


● Este curso intercambiará experiencias con centros doutras comunidades autónomos ou países

O CEEIP da Ribeira de Torneiros posicionouse como primeiro centro galego no programa Observa_Acción, unha iniciativa da Xunta de Galicia na que o profesorado participante observase entre si para mellorar as súas competencias e á vez coñecer outras fórmulas docentes que poidan aplicar nas súas aulas.
Nunha primeira fase, emparéllaronse os centros con outros que tiñan obxectivos similares para compartir boas prácticas e ideas que poñer en marcha nos propios centros para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado e tamén a mellora da comunidade educativa. Unha experiencia na que o centro porriñés obtivo a máxima puntuación en Galicia e grazas á cal neste curso que entra vincularanse a outros centros a nivel nacional e internacional.
“Un orgullo para o centro pero tamén para Torneiros, xa que falamos dun barrio humilde e con familias en risco de exclusión social que fai tan só uns anos estivo a punto de pechar debido á falta de alumnado”, explican desde a dirección do Ribeira.
O Ribeira leva anos cambiando a súa metodoloxía para poder chegar ás particularidades de todo o seu alumnado, buscando aumentar a súa matrículo, algo que pouco a pouco se vai logrando a través de diferentes programas da Consellería de Educación, que permiten este tipo de experiencias e vivencias que, levadas ás aulas e co traballo e esforzo do profesorado, fan posible mellorar e cambiar a forma de educar dun xeito máis activo e innovador.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, quixo trasmitir os seus parabéns “ao equipo directivo, ao claustro de profes e, en definitiva, a toda a comunidade educativa do CEIPP Ribeira reforzar a súa aposta por unha educación en valores e en igualdade”. O rexedor destacou “que son moitos os nenos e nenas que soñan co seu futuro e se forman neste centro sabendo que non hai máis límites que o seu esforzo e o tesón que poñan no que fan. E seino ben porque eu fun un deles”.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas