O alcalde achegouse até o centro de ensino para ver o resultado dos traballos para mellorar a seguranza dos alumnos do colexio, así como a recuperación do Lavadoiro da Vila, situado no lugar. O Concello realizou obras de mantemento en distintos centros de ensino de Infantil e Primaria de Pontevedra para que estean listos no inicio do curso.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores acompañado dos concelleiros do Rural e de Educación, María Xosé Abilleira e Demetrio Gómez visitaron esta mañá en compañía dos técnicos municipais as obras de mellora da seguranza viaria na contorna do CEIP Parada, Campañó. A obra foi adxudicada á empresa COVSA por 350.920,96 euros.
A actuación consistíu na mellora dun vial de conexión do lugar, dun camiño e dunha senda que entrelazan o CEIP, onde había que resolver un problema de seguranza viaria do alumnado do centro, e varios elementos patrimoniais do lugar: un lavadoiro e unha fonte, xerando ademais, novos espazos de convivencia.
No ámbito do colexio, acordouse facer un lugar para deixar os cativos e cativas sen conxestionar a vía e eliminando o tráfico do tramo do colexio cara o norte. Modificouse a vía adxacente que se alongou e creouse unha área na que os pais deixan aos fillos no centro e non colapsan integramente o vial. Unha vez no colexio, creáronse tres ramplas completamente accesibles que distribúen os fluxos de entrada segundo o medio de transporte. Estas tres ramplas están protexidas por tres muretes que modifican o aspecto exterior do CEIP. Tamén se mellorararon os portalóns e os peches. O pavimento, ao igual ca os muros executouse en formigón de árido visto.
Outro dos puntos nos que se actuou neste proxecto é na contorna do Lavadoiro da vila onde se creou un espazo de estancia con sombra natural. Tratouse dunha intervención mínima creando tres muretes baixos que permiten facer accesible o lugar. Tamén se incluíu sinalética e elementos de xestión da auga.
Os viais foron tratados en distintos tipo de pavimento segundo a súa utilidade: asfalto nos viais e formigón nas sendas.
O alcalde aproveitou a súa visita a Campañó para saudar á dirección do centro de Parada e desexarlle bo inicio de curso. Tamén deixou material promocional dos fondos europeos da Estratexia DUSI Máis Modelo, Pontevedra para todos os integrantes do centro: escolares, profesorado e persoal asistencial.
Melloras nos centros de ensino
Esta actuación, pendente de pequenos remates, é unha das grandes actuacións que realizou o Concello de Pontevedra nos centros de ensino ou na súa contorna con motivo do inicio do curso escolar que comeza mañá. Outras actuacións que o Concello realizou en centros de ensino son:
• Galiña Azul A Parda
• Instalación atrapa-dedos en portas
• Pintado de paramentos verticais
• Reparar picaporte porta acceso
• CEIP Cabanas
• Sustitucion de persianas
• Instalación de porteiro eléctrico con 2 puntos de atención dentro do cole
• Limpeza canlóns
• Retirada castelo parque infantil
• Fixar encerados en patio
• Reparación fechadura porta principal.
• CEIP Mourente
• Reparacion persianas
• Pintado de paramentos verticais
• Reparación acometida xeral auga.
• Limpeza canlóns.
• CEIP San Martiño-Salcedo
• Limpeza rede de fecais e nova canalización de pluviais
• Pintado de paramentos verticais
• Nova cancilla acceso exterior
• Pavimentado novo antiescorregadizo patio exterior restante
• Tratamento pavimento exterior antiescorregadizo antiguo
• Limpeza canlóns
• Retirada postes madeira parque infantil
• Reparación motor portal corredeira
• Reparación metálica porteria pista deportiva
• CEIP A Carballeira
• Reparacion areneiro con achega de madeira e area
• Reparación con achega de novos elementos a parque infantil
• Reparación persianas
• Pintado de paramentos verticais
• CEIP Álvarez Limeses
• Reparación persianas, fechadura portal, instalación sebe artificial en peche paralelo a rúa. • Reparación con achega de novos elementos en parque infantil
• Instalación de cortiza en paramentos verticais.
• Nova porta en rexistro acometida auga
• Reparación esquinal madeira vestíbulo
• CEIP Crespo Rivas
• Instalacion pavimento caucho
• Limpeza canlóns
• Retirada xogo infantil con transporte a xestor de residuos.
• CEIP Barcelos
• Pintura interior vertical e horizontal e iluminación semisótano
• CEIP Marcón
• Instalación pavimento de PVC.
• Demolición mesados laboratorio, incluso fontanería e louza, e acondiconamiento paramentos • Reposición area en areneiro.
• Reparación pingueira en ximnasio e chanzo.
• Limpeza canlóns