Home Pontevedra O Goberno municipal traballa no acondicionamento e mellora do pavimento en distintos...

O Goberno municipal traballa no acondicionamento e mellora do pavimento en distintos camiños municipais

- Anuncio -

O Goberno municipal de Redondela está traballando nun proxecto co fin de definir as actuacións necesarias para levar a cabo o acondicionamento e mellora do pavimento de distintos camiños no termo municipal. Os camiños onde se van facer estas actuacións son :
Camiño Fogueteiro en Quintela, Camiño Carreteira en O Viso, Camiño Estrada da Quintana en Reboreda, Camiño Lugar de Vaqueiro de Cesantes, Camiño Subida á Estación (Redondela), Camiño do Cusqueiro en Vilar de Infesta, Camiño Coto do Coello en Cedeira e Baixada da Rúa Campo de Fútbol á Rúa Pedro Floriani en Cesantes

As actuacións previstas son o fresado de pavimentos, limpeza de marxes, varrido da superficie a pavimentar, poñer á nova cota de tapas de pozos e arquetas de rexistro e recheos de zahorra compactada. O orzamento para o acondicionamento dos camiños deste municipio ascende a máis de 200.000 euros. Estas actuacións comenzarán unha vez teña o concello as autorizacións da Deputación de Pontevedra , xa que son camiños que necesitan autorizacións doutras administracións.

O acondicionamento e mellora do pavimento dos camiños en diferentes parroquias é unha obra que ten como obxectivo conseguir mellorar a mobilidade da veciñanza en varias parroquias e así mellorar a vida diaria dos veciños e veciñas de Redondela.

O concelleiro de Infraestructuras, Roberto Villar, explica ” que este é un novo modelo de sustentabilidade, que consiste arranxar camiños en tramos máis curtos, para así poder abarcar máis número de camiños. É unha nova forma de chegar a máis lugares de Redondela”.

Este proxecto sustentable de acondicionamento de camiños seguirá o ano que ven para continuar mellorando as infraestructuras do municipio de Redondela.

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Crecente e As Neves...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O BNG de Vigo demanda que Caballero rectifique o “atropelo” de desaloxar a...

0
A fronte nacionalista anuncia un recurso de reposición contra a decisión do Goberno local por desviación de poder ao expulsar á Federación Veciñal do...

O BNG lamenta a incapacidade de Telmo Martín de licitar debidamente o novo contrato...

0
O Concello deberá aprobar unha continuidade da actual concesionaria (Ascan), a pesar de que o contrato expira o próximo día 22, logo de que o Xulgado...

O PP esixe retomar o control poboacional de gaivotas e pombas na cidade de...

0
• O partido máis votado amoesta ao BNG por non formalizar o contrato durante o 2024 con ningunha empresa, “causando un prexuízo á hostalería...

O Concello de Tui e ACOUGO dan o primeiro paso de cara a sinatura...

0
O obxectivo será visibilizar o traballo da Asociación Galega de Familias de Acollida e apoiar as familias que desexen ser acolledoras O Concello de Tui...

Dan comezo as obra de mellora da estrada provincial EP-2204 (Sabarís-Belesar)

0
A execución da obra consiste na modificación de 150 m en torno ao momento quilométrico 1+900, en cada marxe da vía en torno da...

Publicacións Relacionadas