Home Vigo O Porriño Case tres mil estudantes comenzan hoxe o curso escolar no Porriño

Case tres mil estudantes comenzan hoxe o curso escolar no Porriño

- Anuncio -

● A emoción do primeiro día invade as aulas, que contan cun número similar de alumnos con respecto o curso anterior.

Esta mañá volveron ás aulas 2.936 estudantes no Porriño, dos distintos niveles educativos desde infantil ata bacharelato, incluíndo ciclos medios e superiores de Formación Profesional e o alumnado de ACEESCA, segundo informa a concelleira de Educación, Carolina González.

Neste curso académico hai 445 estudantes de Educación Infantil, un 15,2% do alumnado total, e o centro con máis alumnos de 3 a 5 anos é o CEIPP Antonio Palacios, con 109 cativos e cativas.

Educación Primaria suma 1.127 estudantes, un 38,4% do total, sendo o CEIPP Fernández López o que acolle o maior número deles: 268.

A Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO) conta con 840 estudantes, un 28,6% do total, dos cales 381 cursarán no IES Pino Manso.

O alumnado de Bacharelato do IES Pino Manso duplica ao do IES Ribeira do Louro, e en total suman 282 estudantes, un 9,6% dos alumnos e alumnas que comezan este curso nos centros educativos do Porriño.

A Formación Profesional comeza setembro con 214 estudantes: 89 de FP Básica, 58 de Ciclos Medios e 67 de Ciclos Superiores.

Pola súa banda, ACEESCA conta con 28 alumnos e alumnas.

En xeral, os números totais de estudantes son moi similares ao curso anterior. O centro educativo con máis alumnos este ano é o IES Pino Manso, cunhas 30 matriculacións máis que o ano pasado, superando a barreira dos 600 alumnos e alumnas. O CPR Hermanos Quiroga e o CEIPP da Ribeira tamén incrementan alumnado este curso, pero os datos non son definitivos, recorda Carolina González, xa que aínda se están a tramitar matriculacións de última hora.

Alejandro Lorenzo, visitou o CEIP da Cruz de Budiño esta mañá e comprobou a emoción de pequenos e maiores. “Comeza un novo curso e con el a oportunidade de aprender algo novo cada día, de facer amigos e vivir un montón de experiencias que gardaredes para sempre”, comentou o rexidor. “Feliz volta ao cole e a disfrutar moito desta fermosa etapa!”

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas