Home Vigo O Porriño O Porriño reforza o seu servizo de Atención Temperá

O Porriño reforza o seu servizo de Atención Temperá

- Anuncio -

● Tras detectar unha gran demanda no servizo de logopedia ampliarase esta atención, mantendo as consultas de psicoloxía e fisioterapia


● O Concello do Porriño xa licitou o acondicionamento dun novo local para o servizo que permitirá ofrecer unha atención de maior calidade e comodidade aos/as nenos/as e ás súas familias.

O Concello do Porriño da un gran paso para mellorar a atención aos máis pequenos e asegurar que reciben o apoio necesario no seu desenvolvemento reforzando o seu Servizo de Atención Temperá con máis persoal e mellores instalacións.

Este recurso, moi demandado pola veciñanza durante anos, comezou a súa actividade no Porriño no ano 2022 e desde entón serve de guía a centos de familias para tratar, da man de profesionais, trastornos do desenvolvemento en nenos e nenas de 0 a 6 anos. No SAT do Porriño reciben unha atención conxunta e interdisciplinar abordando o desenvolvemento dos pequenos desde a psicoloxía, a fisioterapia e/ou a logopedia.

É neste último eido onde se detectou máis demanda, polo que se acordou ampliar o servizo de logopeda. Así se estipula nos pregos para a contratación do servizo que están xa en licitación, cun orzamento de 294.188,8 euros.

O reforzo deste recurso non pasa só pola ampliación do persoal senón que tamén se impulsa a súa reubicación nun local máis axeitado. A tal fin, xa se licitou a reforma e acondicionamento dun novo local na rúa Doantes de Sangue cun orzamento de máis de 72.478 euros, ao abeiro do Plan +Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra. Este novo espazo, que terá unha superficie útil de preto de 200 m2, contará con tres despachos para consultas, tres aseos e unha sala de xogos, o que permitirá ofrecer unha atención de maior calidade e comodidade aos/as nenos/as e ás súas familias.

“Este recurso é de vital importancia e por iso queremos que se preste nas mellores condicións”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Identificar e abordar de maneira temperá as necesidades do desenvolvemento dos pequenos e pequenas pode marcar unha gran diferencia no seu futuro e tamén no das súas familias. Ofrece unha orientación e un apoio necesario para axudar aos pais e nais a entender e tratar mellor as necesidades dos seus fillos”.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas