Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación ultima o prazo para que os deportistas de alto nivel...

A Deputación ultima o prazo para que os deportistas de alto nivel da provincia soliciten as axudas provinciais

- Anuncio -

A institución provincial aumentou o crédito dedicado a esta liña de subvencións, que se poden solicitar ata o martes 17 de setembro, nun 10% chegando aos 275.000 euros

A Deputación de Pontevedra ultima estes días o prazo para que os deportistas de elite da provincia soliciten as axudas que a institución provincial pon á súa disposición, emparelladas á obtención do recoñecemento na categoría de deportista de alto nivel (DEPO_DAN, ou DEPO_DAN+ no caso de deportistas con discapacidade) e deportista de alto nivel de base (DEPO_TALENTO). A liña está dotada dun crédito de 275.000 euros, o que supón un 10% máis en comparación co que percibían co goberno provincial anterior, co fin de contribuír ao financiamento da súa actividade competitiva e á preparación técnica das e dos deportistas destacados da provincia.

As dúas liñas das axudas provinciais están divididas en subcategorías, en función dos resultados obtidos polos beneficiarios potenciais durante o ano pasado. No caso da liña DEPO_DAN (A) ou DEPO_DAN+ (A+), na que tamén poderán obter recoñecemento persoas adestradoras ou xuízas-árbitro, existen catro escalas. Obterán as contías máximas (2.000 € ou 3.000 € no caso de discapacidade) quen obtivesen entre un primeiro ou un terceiro posto nun campionato do mundo, baixando progresivamente ata os 500 ou os 1.000 euros pola obtención dun cuarto posto en adiante nun campionato de España ou entre un primeiro e un terceiro posto no campionato galego. No caso da liña DEPO_TALENTO (B) existen tres escalas, que oscilan entre os 1.200 e os 500 euros, e está reservada unicamente para deportistas nados entre os anos 2007 e 2012.

O prazo para que os deportistas nacidos ou empadroados na provincia soliciten as axudas remata o próximo martes 17 de setembro. Coas axudas, a Deputación contribúe a que poidan custear os gastos derivados dos adestramentos, concentracións, competicións e viaxes, que poden supoñer un obstáculo para o desenvolvemento axeitado de carreiras profesionais complementarias ás súas carreiras deportivas. As bases pódense consultar no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Relacionadas

O vicepresidente da Deputación asiste ao acto de presentación do equipo de 1ª División...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe ao acto de presentación do equipo de 1ª División Nacional Masculina da SD Teucro,...

Luis Menor reivindica o traballo de Manuel Outomuro “para entender a cultura visual española...

0
O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación acolle desde hoxe esta exposición do prestixioso fotógrafo, froito do traballo de colaboración entre o autor, a...

O pleno da corporación municipal do concello de Campo Lameiro garda un minuto de...

0
Aprobaron unha axuda de natalidade e os festivos locais que quedan fixados para o 13 de xuño, San Antón, e 29 de setembro, San...

O BNG traslada problemas ocasionados polas obras do saneamento no Lameira

0
Dende o BNG de Marín denúnciase a falta de accións ante os vertedoiros e a precariedade na execución das obras, que afectan á veciñanza...

Luis López sinala que o aumento do 40 % nas axudas a cooperativas agrícolas...

0
O presidente provincial percorreu os viñedos e a bodega de Paco & Lola en Meaño con motivo de inicio da campaña da vendima, onde...

Este venres o historiador Bieito Alonso presenta en Tui o seu último libro

0
Trátase de “Inimigos ás portas: Frank López e o anarquismo global”. Será ás 20 h na Sala Municipal Este venres, 20 de setembro, ás 20...

Publicacións Relacionadas