Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Baixo Miño Tomiño celebra o Scratch Day 2024 cun seminario gratuíto para a rapazada

Tomiño celebra o Scratch Day 2024 cun seminario gratuíto para a rapazada

- Anuncio -

Neste curso de balde achegaranse ao mundo da programación desenvolvendo videoxogos deportivos. Será o sábado 21 de setembro na Aula CeMIT

TA paixón polos videoxogos convértese nunha oportunidade de aprendizaxe en Tomiño. A Aula CeMIT será o epicentro da creatividade tecnolóxica co seminario Scratch Day 2024, unha actividade de balde que permitirá á rapazada tomiñesa mergullarse no mundo da programación a través de Scratch, unha ferramenta especialmente deseñada para facilitar a todo o mundo a iniciación neste mundo dun xeito divertido e accesible.
Dirixido a mocidade de entre 7 e 15 anos acompañados dunha persoas adulta, este curso de balde celebrarase o sábado 21 de setembro de 09.30 a 13.30 horas. Organizado polo Colexio profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia en colaboración coa Xunta, será impartido por Rockbotic.
Durante o seminario, as e os participantes crearán tres videoxogos inspirados en deportes presentes nos Xogos Olímpicos, incrementando a súa complexidade a medida que avanzan e ofrecendo un emocionante reto para todos os niveis.
A alcaldesa, Sandra González, destacou a importancia de ofrecer na Aula CeMIT de Tomiño este tipo de actividades tecnolóxicas á mocidade, xa que é “unha oportunidade única para que a nosa rapazada descubra a programación dun xeito lúdico e ao mesmo tempo desenvolvan habilidades que poden ser esenciais para o seu futuro”.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través da páxina web da Aula CeMIT. Poden solicitar máis información e solicitar tamén a súa inscrición na propia aula, situada no Campo da Feira S/N, chamando ao 640 956 714 ou enviando un correo electrónico a cemit.tomino@xunta.gal.

Relacionadas

O vicepresidente da Deputación asiste ao acto de presentación do equipo de 1ª División...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe ao acto de presentación do equipo de 1ª División Nacional Masculina da SD Teucro,...

O pleno da corporación municipal do concello de Campo Lameiro garda un minuto de...

0
Aprobaron unha axuda de natalidade e os festivos locais que quedan fixados para o 13 de xuño, San Antón, e 29 de setembro, San...

O BNG traslada problemas ocasionados polas obras do saneamento no Lameira

0
Dende o BNG de Marín denúnciase a falta de accións ante os vertedoiros e a precariedade na execución das obras, que afectan á veciñanza...

Luis López sinala que o aumento do 40 % nas axudas a cooperativas agrícolas...

0
O presidente provincial percorreu os viñedos e a bodega de Paco & Lola en Meaño con motivo de inicio da campaña da vendima, onde...

Este venres o historiador Bieito Alonso presenta en Tui o seu último libro

0
Trátase de “Inimigos ás portas: Frank López e o anarquismo global”. Será ás 20 h na Sala Municipal Este venres, 20 de setembro, ás 20...

Arte urbana en Tomiño da man do artista internacional Marion Ve

0
O muralista colombiano está a crear na Avenida de República Arxentina unha obra inspirada nos cores tomiñeses coa que transmitir enerxía positiva Concello e Migrarte...

Publicacións Relacionadas