Home Pontevedra Caldas A asociación Anedia Galicia participa nunha xornada internacional sobre Detección precoz de...

A asociación Anedia Galicia participa nunha xornada internacional sobre Detección precoz de Diabetes tipo 1’

- Anuncio -

• O foro ‘Ir más allá de lo que podemos ver: detección temprana de la Diabetes tipo 1’ reuniu a expertos, investigadores, científicos e autoridades de diferentes países e se desenvolveu no marco do Congreso que organiza a Asociación Europea para o Estudio da Diabetes ao longo desta semana na capital española


• A importancia dos novos cribados e dos avances en materia de investigación son cuestións chave, xa que, tal e como lembran desde Anedia, “permiten desenvolver unha aprendizaxe previa e dar formación ás persoas afectadas de xeito organizado e tranquilo, abordando a doenza antes de que aparezan os síntomas”

Anedia, a Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia, vén de participar este pasado mércores no Foro ‘Ir más allá de lo que podemos ver: Detección temprana de Diabetes tipo 1’, un evento celebrado en Madrid, no marco do Congreso que a Asociación Europea para o Estudo da Diabetes desenvolve ao longo desta semana na capital e no que se abordan cuestións como a necesidade de implementar novas políticas de saúde pública para a detección precoz desta doenza. A agrupación con sede en Pontevedra foi unha das numerosas entidades de toda España que tomou parte nunha xornada de carácter informativo que congregou a expertos, científicos, investigadores e autoridades de diferentes países. Tal e como explica a presidenta de Anedia, María José Rego, “estamos moi contentos e agradecidos de poder participar neste evento” e deixou clara tamén a importancia de que os avances en investigación permitan facilitar unha detección previa dunha enfermidade autoinmune como é a Diabetes tipo 1.

Precisamente, unha das cuestións que se abordou foi a importancia dos cribados que permiten saber, cunha simple mostra de sangre extraída cunha pequena picada nun dedo, se están presentes os anticorpos que interveñen no desarrollo da diabetes, o que permite facer unha predición de se unha persoa vai padecer esa doenza nos vindeiros meses ou anos. “É emocionante comprobar que
podemos falar de algo novo e de que os avances que se conseguen xa non nos limitan exclusivamente a falar da calidade de vida dunha persoa enferma, senón que permiten abordar a problemática cando aínda non existen síntomas clínicos”, explica a presidenta de Anedia. María José Rego destaca que isto permite ás persoas afectadas, así como ás súas familias, poder xestionar unha formación previa “dun xeito organizado e tranquilo”, evitando os procesos de diagnóstico con ingresos na UCI ou xa cando se detectan danos irreparables no corpo. Neste foro internacional púxose o foco na necesidade de impulsar leis e políticas de saúde pública máis específicas sobre a detección precoz da diabetes. Un exemplo exposto na xornada na que participou Anedia é a normativa impulsada polo Goberno de Italia, que establece un cribado sobre diabetes e celiaquía.
Outro motivo para o optimismo que se tratou na xornada internacional foi o desenvolvemento dun medicamento, xa aprobado en Estados Unidos pola FDA e que está á espera de autorización en Europa, con capacidade para retardar a aparición da enfermidade. Neste sentido, desde Anedia reafirman o seu compromiso á hora de continuar velando polo benestar das familias con enfermos de Diabetes tipo 1 e colaborando activamente en proxectos sanitarios ou de investigación que sigan axudando a que “a sociedade poida ter un novo concepto sobre esta enfermidade”, sinala María José Rego.

Traxectoria

A participación neste congreso é un paso máis na ampla traxectoria da Asociación Anedia Galicia, que, desde o seu nacemento en Pontevedra no ano 2013, leva máis dunha década traballando en favor das familias con persoas que padecen diabetes tipo 1, ben sexa impulsando actividades que sirvan para dar visibilidade a esta enfermidade, como achegando asesoramento e axuda a nivel social, sanitairo, físico ou psicolóxico. Todo elo sen renunciar a fomentar e estimular as investigación clínicas e experimentais que axuden a coñecer as causas e posibles tratamentos.

Na actualidade Anedia Galicia, cuxa sede atópase na Casa Azul de Pontevedra, conta cunha ampla presencia en toda a Comunidade Autónoma.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas