Home Pontevedra O PP denuncia a “nula xestión” do alcalde en Pontemuíños

O PP denuncia a “nula xestión” do alcalde en Pontemuíños

- Anuncio -

• Martínez e Rey critican a “degradación” das pistas polideportivas ao aire libre con “botellas de todos os tamaños, papeis de todo tipo e un cúmulo de lixo sen recoller durante meses que dá vergoña allea”

• O Partido Popular esixe “aumentar o número de prazas de aparcamento porque son insuficientes co tráfico que se xera durante o curso escolar”

O Partido Popular de Pontevedra visitou o núcleo urbano de Pontemuíños para denunciar a “nula xestión do Goberno local cun barrio que se degrada cada día máis #ante a inoperancia” do alcalde #Miguel Anxo Fernández Lores.

Os edís populares Martín Martínez e Beatriz Rey fixéronse eco do malestar da veciñanza que leva anos reivindicando a mellora das zonas públicas da contorna do complexo deportivo Rías do Sur. “O Concello ten a obrigación de aumentar o número de prazas de aparcamento porque son claramente insuficientes co tráfico que se xera durante o curso escolar”, solicitaron.

Esta petición dos residentes da zona foi ignorada, sistematicamente, polos responsables municipais de mellorar un barrio que está “sucio e “abandonado”. O exemplo máis evidente da súa “degradación” son as pistas polideportivas ao aire libre, onde hai “botellas de todos os tamaños, papeis sucios de todo tipo e un cúmulo de lixo sen recoller durante meses que dá vergoña allea”.

“Os contedores de lixo están desbordados, do mesmo xeito que no resto da cidade, e a falta de roza provoca situacións tan surrealistas como non poder observar a ría de Pontevedra desde os bancos do miradoiro”, engadiu Martínez.

“Desde Pontemuíños, recomendamos ao alcalde que se dea unha volta por esta zona abandonada do arrabalde e poña os medios dos que dispón ao servizo duns veciños que pagan os seus impostos do mesmo xeito que os do centro histórico”, concluíu.

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Crecente e As Neves...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O BNG de Vigo demanda que Caballero rectifique o “atropelo” de desaloxar a...

0
A fronte nacionalista anuncia un recurso de reposición contra a decisión do Goberno local por desviación de poder ao expulsar á Federación Veciñal do...

O BNG lamenta a incapacidade de Telmo Martín de licitar debidamente o novo contrato...

0
O Concello deberá aprobar unha continuidade da actual concesionaria (Ascan), a pesar de que o contrato expira o próximo día 22, logo de que o Xulgado...

O PP esixe retomar o control poboacional de gaivotas e pombas na cidade de...

0
• O partido máis votado amoesta ao BNG por non formalizar o contrato durante o 2024 con ningunha empresa, “causando un prexuízo á hostalería...

O Concello de Tui e ACOUGO dan o primeiro paso de cara a sinatura...

0
O obxectivo será visibilizar o traballo da Asociación Galega de Familias de Acollida e apoiar as familias que desexen ser acolledoras O Concello de Tui...

Dan comezo as obra de mellora da estrada provincial EP-2204 (Sabarís-Belesar)

0
A execución da obra consiste na modificación de 150 m en torno ao momento quilométrico 1+900, en cada marxe da vía en torno da...

Publicacións Relacionadas