Home Pontevedra Lores anuncia un final de ano cheo de proxectos e programas logo...

Lores anuncia un final de ano cheo de proxectos e programas logo de « tomar nota » e de constatar que « a cidade funciona mellor »

- Anuncio -

O contrato de residuos, a licitación de Mollavao e Rosalía de Castro, a programación dos Feroz, a  adxudicación do parque da Parda, a resolución das subvencións deportivas, a compra da parcela para o  edificio de emerxencias ou a programación dun Nadal familiar, son algunhas dos programas e proxectos  que están sobre a mesa para ir resolvendo nos vindeiros meses. 

Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, presentou esta mañá ante os medios de comunicación  os proxectos inmediatos do Concello no inicio do curso político. A licitación do contrato de residuos, da  reforma de Mollavao e Rosalía de Castro, a adxudicación do parque da Parda, o inicio da programación  previa aos premios Feroz ou a de Nadal, son algúns dos exemplos aos que se referiu o alcalde e que  demostran «que tomamos nota », tal e como anunciara na súa toma de posesión e no balance do seu  primeiro ano como alcalde.  

Fernández Lores lembrou que en maio, un ano despois da súa toma de posesión como alcalde, indicaba que  era preciso facer cambios no funcionamento do Concello e que estaban « en marcha moitos proxectos e  dicía que este mandato podería ser o máis frutífero dos que eu levo xestionando a cidade ».  

Tres meses e medio despois, « podemos facer un balance do feito neste tempo, no que se constata desde o  meu punto de vista, que Pontevedra funciona mellor en términos xerais. Obviamente, con certas disfuncións,  das que somos plenamente conscientes e son mellorables. Estamos traballando nelas, pero, ainda así, a  cidade funciona moito mellor ».  

Recordou que neste tempo aprobáronse dúas modificacións de crédito: unha en xuño e outra en agosto, de  10 millóns a primeira e de 1,5 a segunda. « Eu quero resaltar e valorar positivamente o voto favorable de todas  as forzas políticas », explicou Lores, « houbo un cambio a respeito da actitude que tiña no inicio de mandato e  agardo que esta línea se siga sostendo por parte das concelleiras e concelleiros da oposición ».  

Tamén lembrou que se iniciou a obra da Santiña, a reforma dos edificios municipais de Churruchaos e do  antigo Conservatorio, adxudicouse a redacción do proxecto do Gafos, rematouse Barcelos, « desatascamos  as subvencións deportivas, disfrutamos do Campionato de Estapaña de clubs de Tríatlon e do Mundial de  Loita ». Fixo referencia a que « vimos de gozar dun verán cultural e festivo impresionante que tivo a  Pontevedra de bote en bote » e a que o modelo de Pontevedra segue tendo un interese moi alto como se  puido constatar nesta última semana cando « pasaron por aquí medios e institucións de até 4 países distintos:  

desde Portugal, Corea do Sur, Alemaña e quero resaltar máis é esa entrevista que salirá publicada no New  York Times e que é a primeira vez que o New York Times interesa. Eu creo que Pontevedra está de moda ».  

Ao respecto do « futuro inmediato » o alcalde indicou que « temos moitos proxectos. Desde logo, para mí, o  máis importante é o contrato de residuos domésticos e limpeza viaria ». Está en marcha, pendente dos  informes da ONE « e despois tramitarase para sacalo inmediatamente a licitación ». Tamén confirmou que  « teño perspectivas razonables de que poidamos licitar e adxudicar o contrato nun plazo razonable de  tempo, e que se o conseguimos vai a significar un antes e un despois, unha mellora sustancial, un cambio de  paradigma para este servicio no concello ».  

Tamén adiantou que « estamos preparando un Nadal familiar especial para este fin de ano; temos en marcha  a renaturalización do Gafos; en novembro celebramos o Europeo de Ciclocross que vai a traer a Pontevedra  miles de persoas. Temos unha programación previa á Gala dos Feroz para os meses de setembro a  decembro; está en tramitación moi avanzada a adxudicación do Parque da Parda, que será o parque máis  grande da cidade de Pontevedra, con 33.000 metros cadrados; está aberto o prazo para as subvencións  deportivas atrasadas que había de 2023 e de 2024; temos que licitar a reforma de Mollavao e de Rosalía de  Castro que tamén é unha inversión moi potente nunha zona que está necesitada; temos que materializar a  compra dos terreos para o edificio de emerxencias. E está outro tema que me fai especial ilusión, que é o a  iluminación do Burgo e de Lérez ».  

« Eu creo que todos estos proxectos constatan que estamos a tomar nota, que estamos dando novos  impulsos tanto na capacidade de acción como na iniciativa política e que vai en beneficio de Pontevedra »,  concluíu o alcalde.

Relacionadas

A Deputación presenta aos colectivos veciñais de Marín os programas de Acción Comunitaria, cunha...

0
O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, acompañado da alcaldesa de Marín e tamén deputada provincial, María Ramallo, ofreceu un encontro co movemento...

O Porriño aposta pola modernización das súas infraestruturas deportivas cunha intervención no pavillón do...

0
● Un proxecto que transforma as instalacións deportivas en espazos modernos, accesibles e ao servizo de toda a comunidade. ● Esta actuación é parte do...

A Deputación programa este venres e sábado novas saídas do programa Lecer en familia...

0
As estancias programadas este 17 e 18 de xaneiro levarán a familias de 18 concellos ao Gran Talaso Hotel Sanxenxo, ao Hotel Bienestar Moaña...

O alcalde de Tui e o presidente da RAG abordaron a conmemoración do centenario...

0
A Real Academia Galega celebrará en Tui un acto en lembranza do que foi un dos fundadores desta institución O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro...

A Deputación ultima o prazo para solicitar os obradoiros de envellecemento activo do programa...

0
As entidades de persoas maiores que estean interesadas nestas actividades formativas teñen ata o próximo luns 20 de xaneiro para facelo A Deputación de Pontevedra...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra proxeccións de ‘Castelao: de chumbo a verba’...

0
A actividade para alumnado de 5º e 6º de educación primaria, ESO e Bacharelato desenvolverase de xaneiro a marzo dentro da programación do Ano...

Publicacións Relacionadas