Home Xunta de Galicia A Xunta reforza a colaboración co sector artesan galego como actividade económica...

A Xunta reforza a colaboración co sector artesan galego como actividade económica sustentable xeradora de emprego e riqueza

- Anuncio -
  • José González puxo en valor o traballo fundamental que desenvolve esta entidade e a súa contribución de maneira significativa ao impulso da comercialización dos produtos da marca Artesanía de Galicia
  • Reafirmou o compromiso coa entidade e a vontade de seguir traballando coordinadamente en futuros proxectos, con foco na comercialización
  • O encontro, no que tamén participou o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, enmárcase tamén no proceso de escoita activa de cara á elaboración do Plan estratéxico de Comercio

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, mativo un encontro coa directiva da Asociación Galega de Artesáns, representada polo seu presidente, José Manuel Salvado Sanín, e pola súa vogal, María Feijoo, co obxectivo de recoller as súas achegas para seguir traballando xuntos a prol dun sector artesán competitivo e adaptado ás novas realidades sociais e hábitos de consumo.

Durante a reunion, José González agradeceu o traballo fundamental que desenvolve esta entidade e a súa contribución significativa ao impulso da comercialización dos produtos da marca Artesanía de Galicia e da visibilización dos nosos oficios tradicionais e da heteroxeneidade do sector. Neste senso, cómpre destacar que a Asociación Galega de Artesáns é a entidade colaboradora da Xunta de Galicia para a xestión, almacenamento e reparto de todo o material identificativo desta marca paraugas impulsada pola Administración autonómica e do que fan uso os obradoiros e talleres asociados á mesma, como bolsas, etiquetas ou caixas. Tamén organizan dúas das citas de artesanía referentes no almanaque galego e que contan co apoio da Xunta de Galicia, como son Mostrat, na Coruña, e Ofeitoaman, en Sanxenxo (Pontevedra).

O titular de Emprego, Comercio e Emigración manifestou a intención de seguir traballando xuntos de xeito coordinado, incrementando a dotación dos últimos anos. Tamén falou da necesidade dunha futura colabración entre a Asociación Galega de Artesáns e a Fundación Artesanía de Galicia en proxectos que teñan o foco na comercialización, así como en avanzar na implantación da lei de artesanía, cuxo obxectivo é impulsar a artesanía galega cara ao futuro como unha actividade económica sustentable, xeradora de emprego e riqueza e vertebradora do territorio.

Esta xuntanza encádrase, ademais, no proceso de diálogo e escoita activa que ten marcha o Executivo galego para a elaboración do futuro Plan estratéxico de Comercio 2025-2030 -de cara a telo listo no primeiro trimestre do ano que vén- e que contempla tamén a potenciación da Fundación Artesanía de Galicia, e con ela, do bo facer dos nosos artesáns e artesás. Actualmente está aberto o proceso participativo para que os todos os axentes implicados poidan facer as súas achegas co obxectivo de afinar tanto a diagnose da situación do sector como as medidas a aplicar para aumentar a súa competitividade e avance en materia de transformación dixital, innovación e modernización.

Relacionadas

A Xunta publica a convocatoria de axudas para proxectos de acción humanitaria no exterior

0
― O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a medida, que conta cunha dotación de 550.000 euros para que as ONGD galegas poidan canalizar...

Belén do Campo destaca o investimento de 319.500€ na mellora de infraestructuras rurais de...

0
 A delegada da Xunta avaliou cos alcalde esas aportacións que servirán tanto para a mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas como...

A Xunta reafirma o impulso da economía social como motor socioeconómico, destacando as 230...

0
José González pon en valor a aposta estratéxica do Goberno galego por fortalecer e impulsar a economía social como un motor de crecemento sustentable,...

A Escola da Auga da Xunta comeza a funcionar co reto de impulsar a...

0
Ángeles Vázquez explica que a iniciativa está aberta tanto a técnicos e funcionarios municipais como a persoal de empresas privadas, que poderán acceder a...

Medio Rural pon en valor a Central Agropecuaria de Galicia en Silleda como referente...

0
A conselleira María José Gómez asistiu á segunda poxa de gando celebrada no que vai de ano nesta Central e salientou que este é...

A Xunta convoca hoxe as probas de avaliación en competencias clave para acceder á...

0
A convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, avaliará os coñecementos en matemáticas, lingua galega, lingua castelá e inglésEstá dirixida a persoas que...

Publicacións Relacionadas