Home Xunta de Galicia Rueda reitera o apoio da Xunta aos 295 concellos adheridos a Sogama...

Rueda reitera o apoio da Xunta aos 295 concellos adheridos a Sogama ao asumir o 60% da actualización do canon no vindeiro ano

- Anuncio -

 Anuncia que a Xunta se reunirá a semana que vén coa Fegamp para explicarlle como se realizará esa transferencia de fondos


 Pon en valor a rede de infraestruturas de valorización da materia orgánica posta en marcha pola Xunta que inclúe 4 plantas de biorresiduos e 13 plantas de transferencia de apoio, entre as que se inclúe a da Lama

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reafirmou hoxe o compromiso do Goberno galego de asumir o vindeiro ano o 60% da actualización do canon que cobra Sogama aos 295 concellos adheridos ao seu modelo, co obxectivo de paliar o impacto nas súas contas provocado polos novos impostos e as bonificacións eliminadas polo Goberno central.

“A Xunta de Galicia estará unha vez máis cos concellos”, sinalou o presidente do Executivo autonómico, quen lembrou que a adhesión a Sogama é voluntaria e que o sistema “segue sendo dos máis baratos de España e dos que mellor funcionan”, sendo con diferenza o máis barato de Galicia.

Dos 42 €/Tm que se prevé que aumente o canon, a Administración autonómica asumirá 24 €/Tm, transferindo eses fondos aos concellos. Neste sentido, Rueda anunciou que a Xunta se reunirá a semana que vén coa Fegamp para explicar a operativa.

Así o indicou, acompañado pola titular de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante unha visita á planta de transferencia de residuos da Lama, que leva nove meses operativa e presta servizo aos concellos da Lama, Cerdedo-Cotobade, Fornelos de Montes e Ponte Caldelas. A Xunta investiu máis de 1,8 millóns de euros nesta instalación que ten capacidade para tratar máis de 8.600 toneladas de residuos ao ano.

Rueda fixo fincapé no traballo conxunto entre a Xunta e os concellos para acadar unha xestión responsable dos residuos e avogou por consolidar no futuro esa colaboración. “Seguimos traballando para que esa Galicia bonita tamén no medio ambiente sexa cada vez unha realidade máis forte”, apuntou.

Na súa intervención, o máximo responsable do Goberno galego puxo en valor a rede de infraestruturas de valorización da materia orgánica posta en marcha polo Executivo autonómico. Esta inclúe 17 instalacións en total: 4 plantas de biorresiduos (Cervo, Cerceda, Verín e Vilanova de Arousa) e 13 plantas de transferencia de apoio, entre as que se inclúe a da Lama.

Relacionadas

A Xunta publica a convocatoria de axudas para proxectos de acción humanitaria no exterior

0
― O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a medida, que conta cunha dotación de 550.000 euros para que as ONGD galegas poidan canalizar...

Belén do Campo destaca o investimento de 319.500€ na mellora de infraestructuras rurais de...

0
 A delegada da Xunta avaliou cos alcalde esas aportacións que servirán tanto para a mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas como...

A Xunta reafirma o impulso da economía social como motor socioeconómico, destacando as 230...

0
José González pon en valor a aposta estratéxica do Goberno galego por fortalecer e impulsar a economía social como un motor de crecemento sustentable,...

A Escola da Auga da Xunta comeza a funcionar co reto de impulsar a...

0
Ángeles Vázquez explica que a iniciativa está aberta tanto a técnicos e funcionarios municipais como a persoal de empresas privadas, que poderán acceder a...

Medio Rural pon en valor a Central Agropecuaria de Galicia en Silleda como referente...

0
A conselleira María José Gómez asistiu á segunda poxa de gando celebrada no que vai de ano nesta Central e salientou que este é...

A Xunta convoca hoxe as probas de avaliación en competencias clave para acceder á...

0
A convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, avaliará os coñecementos en matemáticas, lingua galega, lingua castelá e inglésEstá dirixida a persoas que...

Publicacións Relacionadas