Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas...

A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas últimas rutas do programa +Bosques

- Anuncio -

Os oito percorridos programados en outubro pecharán a actual edición do programa, que ata o momento logrou esgotar todas as súas prazas en cuestión de minutos

A Deputación de Pontevedra abre este luns 16 de setembro o prazo de inscrición para participar nas últimas rutas da actual edición do programa provincial +Bosques. Serán en total oito percorridos que se celebrarán todos os sábados e domingos do mes, desde o sábado 5 en cabo Udra (Bueu) ata o domingo 27 no pazo de Lourizán (Pontevedra). Á falta de coñecer a resposta da cidadanía ás últimas quendas, a institución provincial pecha esta edición cun grande éxito de participación, conseguindo esgotar en cuestión de minutos todas as prazas dispoñibles para asistir ás rutas entre os meses de xuño e setembro.

O programa da Deputación vén ofertando ao longo deste período un total de 40 itinerarios por sete espazos naturais tanto da costa como do interior da provincia, co fin de poder coñecer a variedade de ecosistemas ricos en biodiversidade de Pontevedra. Estas últimas quendas de +Bosques no mes de outubro celebraranse en cabo Udra (Bueu) o sábado 5 de setembro, no río Almofrei (Pontevedra) o domingo 6, na illa de Tambo (Poio) o sábado 12, no lago Castiñeiras (Marín e Vilaboa) o domingo 13 e o sábado 26, no pazo de Lourizán (Pontevedra) o sábado 19 e o domingo 27, e no río Xabriña (Covelo) o domingo 20 de setembro. As persoas interesadas deberán cubrir este luns a partir das 9:00 horas da mañá un formulario en liña, indicando ata un máximo de tres acompañantes.

As rutas concíbense como unha experiencia chea de estímulos para comprender o método de aplicación do “baño de bosque” e a conexión directa en e coa natureza. Promoverase a estimulación sensorial a través dos cinco sentidos, así como exercicios físicos e psicolóxicos para comprender, entender e fortalecer os lazos co medio natural da provincia.

Xornada de degustación de cociña silvestre
O broche de ouro do programa +Bosques será unha xornada de degustación de cociña silvestre que se celebrará durante o mes de novembro, cando xa remataron os percorridos. Esta actividade, de tres horas de duración, estará aberta a todas as persoas participantes nos preto de 40 “baños de bosque” que organiza a Deputación entre xuño e outubro. Consistirá nunha recollida de froitos e vexetais silvestres comestibles dos bosques da provincia de Pontevedra, coa súa respectiva identificación e degustación.

Relacionadas

A sede da Deputación en Vigo acolle unha conferencia do ilustrador Paco Roca no...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, abriu este xoves na sede da institución en Vigo unha das actividades que acolle as instalacións...

Luis Menor, na conferencia de Manuel Pimentel sobre agricultura, reivindica a riqueza do campo...

0
Na presentación do ciclo de conferencias "Conversaciones: Quo Vadis…?", o presidente provincial puxo en valor a calidade dos produtos agrícolas como factor determinante para...

A Casa Consistorial abrirase ao público cun acto institucional no que participarán todas Corporacións...

0
A inauguración está prevista para o venres, 15 de novembro, a partir das 18 horas. Están convidados 166 concelleiros e concelleiras municipais que estarán...

Soutomaior acollerá por primeira vez na súa historia un foro sobre Memoria Histórica

0
O encontro divídese en dous días e analizará desde diferentes perspectivas o proceso de recuperación da memoria histórica a nivel político, social e cultural O...

Menor reivindica en Verín a importancia do Plan de Cooperación para a planificación dos...

0
O presidente provincial visitou xunto ao alcalde da localidade, Gerardo Seoane e membros da Corporación, as obras e mellora do acceso ao polígono de...

A Deputación adica o 8 de novembro ás mulleres investigadoras e científicas dentro da...

0
A doutora en Farmacia e investigadora no Campus Auga, Julia Carballo Rodríguez, é a muller elixida pola Área de Igualdade da institución provincial para...

Publicacións Relacionadas