Home A Coruña Paderne arrincará en outubro o seu programa de actividades 2024/2025, ofrecendo preto...

Paderne arrincará en outubro o seu programa de actividades 2024/2025, ofrecendo preto de 20 propostas diferentes

- Anuncio -

§ A iniciativa inclúe actividades físicas e artísticas nas distintas parroquias, así como obradoiros específicos

O Concello mantén a súa aposta por ofrecer un programa completo de actividades para o curso 2024/2025. A proposta está configurada por preto dunha vintena de propostas físicas, artísticas e tamén por obradoiros específicos. A iniciativa arrincará no mes de outubro, prolongándose ata mediados de xuño.

No que respecta ás actividades anuais, Paderne dispón dunha oferta composta polas seguintes alternativas: ximnasia, labores, pilates, corte e confección, cociña, zumba, baile e cestería. Todas elas celebraranse de luns a venres, en horario de tarde, en Paderne ou en Adragonte, Quintas, Souto, Velouzas, Vigo, Vilamourel e Viñas.

Por outra banda, ao longo do curso o Concello organizará cinco talleres de menor duración. O primeiro deles será o de tratamentos naturais e podas (Adragonte), que terá unha duración dun mes. De mediados de novembro a mediados de decembro, o Concello realizará un obradoiro de arte floral no Nadal (en Velouzas) e, en xaneiro, haberá un obradoiro específico de repostería de Entroido, ofrecendo unha sesión de dúas horas á semana (Quintas). En febreiro levarase a cabo un de defensa persoal para menores de 30 anos, ofrecendo unha sesión semanal en Vilamourel. Por último, nos meses de abril e maio celebrarase un último taller de coiro (dúas horas á semana en Viñas).

Como explica o alcalde, Sergio Platas, o programa busca un claro obxectivo: “queremos ofrecer aos maiores un programa de actividades que que poidan adquirir competencias e de todo tipo e, sobre todo, que lles permita manterse activos e socializar”.

O custo mensual das actividades e talleres varía en función da duración da sesión: 6,75 euros ao mes as de 1 hora, 7,5 euros se son de 90 minutos e 8 euros as 2 horas. Así mesmo, as persoas poderán pagar o curso completo.

Os interesados poderán anotarse no propio Concello de xeito presencial ou a través da sede electrónica.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas