Home Pontevedra Baixo Miño Os ‘Venres rebuldeiros’ chegan ao Rosal para facer da lectura unha aventura...

Os ‘Venres rebuldeiros’ chegan ao Rosal para facer da lectura unha aventura inesquecible

- Anuncio -

O Concello organiza tres novas sesións contacontos para a cativada ao abeiro do seu programa de dinamización lectora

O outono converterase no momento perfecto para que a rapazada rosaleira comece a súa aventura coa maxia dos libros. O Concello do Rosal pon en marcha os ‘Venres rebuldeiros’, un ciclo de contacontos cos que se busca introducir á cativada no apaixonante mundo da lectura e da literatura dun xeito ameno e divertido. Tras o exitoso paso polas Eiras a pasada semana, esta iniciativa trasládase agora á biblioteca municipal, ofrecendo un espazo onde a imaxinación e o saber cobran vida dun xeito lúdico e participativo.

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, salientou a importancia desta proposta dentro do programa de dinamización lectora do Concello. “Queremos que pequenos e pequenas descubran que a lectura pode ser unha aventura, un xogo… e que cada neno e nena asocie a lectura cunha experiencia emocionante, creativa e inesquecible”, resaltou.

A primeira cita terá lugar o vindeiro venres 27 de setembro ás 18.00 horas cunha sesión de contacontos sensorial dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos. Un espazo onde a cativada e as súas familias poderán explorar a lectura a través dos sentidos cunha experiencia inmersiva única. Limitada a 15 prazas, as persoas interesadas en participar deben reservar a súa praza chamando ao teléfono 986 62 50 00.

O ciclo continuará o venres 18 de outubro cunha proposta que promete risas e aprendizaxe a partes iguais con ‘A bruxa Marixa non quere ser bruxa’. Un espectáculo para nenos e nenas de 5 a 10 anos no que participarán de forma activa para axudar a Maruxa a deixar de ser bruxa para converterse en contiñeira mentres narra as súas aventuras mesturadas con contos da literatura galega e cancións populares. Entrada libre.

Tamén con entrada libre será a última sesión do ciclo o venres 25 de outubro ás 18.00 horas con ‘Dada a trasna’, un repertorio de contos cheos de maxia nos que se traballarán valores fundamentais como a igualdade, o respecto polo medio ambiente e o traballo en equipo.

Todas as actividades son de balde e están enmarcadas na iniciativa ‘Ler conta moito’, un programa de dinamización da lectura que busca achegar á veciñanza ao pracer de ler e á información dun xeito lúdico e atractivo a través dos centros que pertencen á Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas