Home O Salnés A Illa de Arousa A Deputación supervisa os traballos que está a desenvolver para a conservación...

A Deputación supervisa os traballos que está a desenvolver para a conservación e mellora do firme na EP-9802 As Aceñas da Illa de Arousa

- Anuncio -

A deputada provincial Isabel Couselo recorreu o tramo de preto de 1,5 quilómetros no que se está a renovar o pavimento e mellorar a plataforma

A Deputación de Pontevedra está a executar traballos de conservación e mellora do firme na estrada provincial EP-9802 As Aceñas da Illa de Arousa. A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, recorreu o tramo de preto de 1,5 quilómetros no que se está a executar a actuación, enmarcada no acordo marco de conservación de firmes na rede viaria da Deputación que ascende a 4,5 millóns de euros.

Segundo destacou Couselo, as obras de conservación e mellora de firme que se están a executar na Illa de Arousa teñen por obxectivo manter a capacidade portante do firme, coa renovación da capa de rodadura e a reforma dos pasos de peóns elevados nunha área de 1.000 metros cadrados. Ademais, a actuación tamén vai resolver deficiencias da plataforma que viñan senda demandas pola veciñanza da zona desde fai tempo.

Isabel Couselo lembrou que esta é só unha das actuacións incluídas no acordo marco de obras de conservación de firmes que ascende a 4,5 millóns de euros e que, no que respecta á zona na que se sitúa a Illa de Arousa, o lote 3, supón un investimento de máis de 730.000 euros.  Nestas semanas está previsto que se realicen traballos contemplados no lote 3 do acordo marco nas estradas provinciais EP-9701 Baión-András (Vilanova), na EP-9497 A Goulla-Porráns (Portas) e nas EP-9403 Santo Tomé-San Salvador e EP-9406 Galles-A Armenteira  polo Concello de Meis.

Relacionadas

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

O 53% do alumnado do Programa Integrado de Emprego de Ponteareas acadou a inserción...

0
• A Xunta destinou máis de dous millóns de euros en obradoiros e programas de inserción laboral • Cen persoas comezaron hoxe o segundo Programa...

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

Publicacións Relacionadas