Home Xunta de Galicia A Xunta reúne ás entidades da Alianza Galega polo Clima no primeiro...

A Xunta reúne ás entidades da Alianza Galega polo Clima no primeiro encontro de traballo para impulsar a cooperación Público-Privada ante o cambio climático

- Anuncio -

— Ángeles Vázquez subliña que cómpre un compromiso transversal, conxunto e coordinado das administracións e do tecido produtivo e social da Comunidade para conseguir confluencias que multipliquen o efecto das accións individuais


— Esta iniciativa inicia unha nova etapa na que se impulsarán novas canles de comunicación e netwoking, se incidirá na formación en temas medioambientais e se porá en marcha unha oficina de apoio


— A Alianza galega polo clima, que conta xa con 154 entidades adheridas, pretende aproveitar sinerxías para traballar contra o quecemento global, facer máis resiliente á Comunidade e establecer pautas de actuación para acadar a neutralidade climática

A Xunta reuniu hoxe na Coruña ás entidades adheridas á Alianza galega polo clima nun encontro de traballo para impulsar a cooperación público-privada para a análise e deseño de estratexias que permitan acelerar a adopción de prácticas de sostibilidade ambiental de cara a acadar a neutralidade climática da Comunidade.

Segundo subliñou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante a súa participación no I Foro técnico da Alianza galega polo clima: Casos de éxito das empresas ante os novos retos climáticos, cómpre un compromiso transversal, conxunto e coordinado das administracións e do tecido produtivo e social da Comunidade para conseguir confluencias que multipliquen o efecto das súas respectivas accións individuais.

Nesa liña, Ángeles Vázquez puxo en valor a iniciativa Alianza galega polo clima, posta en marcha pola Xunta en 2022 e que reúne xa máis de 150 entidades adheridas, cuxos representantes de máximo nivel se reuniron na Coruña neste primeiro foro técnico co obxectivo de que se converta nun espazo de referencia nos temas asociados ao cambio climático e á acción medioambiental.

Así, nesta primeira reunión fíxose unha posta en común tanto dos avances conseguidos como dos novos retos que supón o quecemento global de cara a reforzar as sinerxías entre os socios da iniciativa. En concreto, 12 empresas punteiras da Comunidade expuxeron en catro mesas redondas a súa experiencia en cuestións como a economía baixa en carbono, o capital natural, o marketing verde ou as iniciativas empresariais de economía circular.

Tal e como explicou a conselleira, este foro ten como finalidade unificar esforzos, compartir coñecementos e experiencias, e realizar un seguimento das accións de loita contra o cambio climático realizadas polas entidades adheridas co obxectivo de acadar unha Galicia neutra en emisións antes de 2040.

Este encontro técnico enmárcase na nova fase que inicia a Alianza galega polo clima, na que se programarán unha serie eventos e encontros orientados a impulsar novas canles de comunicación e netwoking que faciliten o intercambio de boas prácticas, tal e como exemplifica a xornada celebrada hoxe. A maiores, incidirase na formación do tecido produtivo en temas medioambientais e porase á disposición das entidades adheridas á iniciativa unha oficina de apoio -accesible a través dunha páxina web- para acelerar a adopción de prácticas de sostibilidade ambiental.

Cómpre lembrar que a Alianza galega polo clima, que conta xa con 154 entidades adheridas entre universidades, organismos, autoridades portuarias, entidades asociativas ou empresas, ten o obxectivo de conectar ao tecido produtivo e social galego de cara a traballar contra o quecemento global, facer máis resiliente á Comunidade e establecer pautas de actuación para alcanzar a neutralidade climática.

Pretende, entre outras cuestións, o establecemento de accións dirixidas á adaptación ou mitigación do cambio climático; o fomento de intercambio de información científica, tecnolóxica, socioeconómica e xurídica neste eido; a promoción da investigación vencellada co clima e a difusión de tecnoloxías para a transición cara a sistemas de enerxía de baixas emisións.

Relacionadas

A Xunta avanza no recoñecemento das empresas que destacan na aplicación das POLÍTICAS de...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, acompañado polo secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho,...

Turismo de Galicia e a Deputación de Ourense vanzan na dinamización turística da provincia...

0
- Xosé Merelles e Luis Menor mantiveron unha xuntanza esta mañá para analizar distintas accións de promoción dos recursos da provincia O director de Turismo...

A Xunta pon en valor o traballo do tecido empresarial galego na redución das...

0
― Ángeles Vázquez salienta que Finsa investiu en total preto de 200 millóns de euros nos últimos anos para optimizar todos os procesos apostando...

A Xunta participa na tradicional Feira de San Martiño de Teo

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e a conselleira do Medio...

López Campos agradece o papel das bibliotecas na promoción e difusión do libro e...

0
— O acto, incluído na Xornada de Bibliotecas Públicas, celébrase coincidindo co Día das Librarías — “O seu traballo, xunto co do comercio libreiro, é...

Belén do Campo destaca o investimento de máis de 300.000€ na mellora de infraestruturas...

0
 A delegada da Xunta avaliou co alcalde esas aportacións que servirán tanto para a mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas como...

Publicacións Relacionadas