Home Xunta de Galicia Román Rodríguez destaca a aposta da Xunta polo rural e a prosimidade...

Román Rodríguez destaca a aposta da Xunta polo rural e a prosimidade do ensino con exemplos como a ampliación do Instituto de Salceda de Caselas

- Anuncio -

— O conselleiro de Educación comproba o resultado da obra, cun investimento de 3,3M€, grazas á que se puido implantar o Bacharelato neste concello, evitando o desprazamento de alumnos


— Destaca o modelo educativo galego como un sistema de proximidade no que os resultados do alumnado do rural e do urbano son idénticos


— Sinala este como un dos 43 centros que a Xunta está a ampliar ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, cun investimento de 68M€

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado pola delegada territorial, Ana Ortiz, destacou hoxe a aposta da Xunta pola proximidade dos servizos educativos. Fíxoo nunha visita ao Instituto IES Pedras Rubias, de Salceda de Caselas, onde o seu departamento vén de acometer unha obra de ampliación por máis de 3,3M€.

Tal e como explicou o conselleiro, a ampliación deste centro tivo como obxectivo fundamental implantar o Bacharelato neste concello. Antes os rapaces tiñan que desprazarse a Porriño e Tui para cursalo, pero agora xa poden cursar os dous anos destas ensinanzas no instituto de Salceda de Caselas.

Román Rodríguez sinalou o ensino rural como un dos sinais de identidade do ensino galego. “O noso é un modelo educativo de proximidade, no que facemos un investimento moi superior ao do ensino urbano debido á dispersión xeográfica da nosa poboación”, explicou. “Actuacións coma esta contribúen a seguir mellorando o servizo educativo no rural galego, reforzando un sistema equitativo de distrito único, no que os resultados dos alumnos do rural e do urbano son idénticos”, afirmou.
O titular do departamento educativo da Xunta recordou que o Instituto IES Pedras Rubias é un dos 43 centros que o Goberno galego está a ampliar ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, cun investimento total de 68M€ para atender as necesidades de matrícula e de formación do alumnado. Este orzamento supón case a cuarta parte do investimento deste plan no período 2021/2024, que ascende a máis de 278M€ en case 2.700 obras para modernizar e mellorar as instalacións dos centros.
1.600 m² de nova superficie
Para dotar o centro dos espazos necesarios construíuse unha nova superficie útil de arredor de 1.600 m², distribuídos en dúas plantas e unha pasarela de unión co edificio existente. A área docente está dotada de oito aulas, dous departamentos, un laboratorio, así como un espazo para polo creativo. O novo espazo conta tamén con acceso propio por medio dunha zona cuberta.

O edificio está preparado para a produción de enerxía renovable, por medio de paneis solares fotovoltaicos, caldeiras de biomasa e acumuladores térmicos, fomentando o aforro enerxético e reducindo as emisións.

Relacionadas

A Xunta avanza no recoñecemento das empresas que destacan na aplicación das POLÍTICAS de...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, acompañado polo secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho,...

Turismo de Galicia e a Deputación de Ourense vanzan na dinamización turística da provincia...

0
- Xosé Merelles e Luis Menor mantiveron unha xuntanza esta mañá para analizar distintas accións de promoción dos recursos da provincia O director de Turismo...

A Xunta pon en valor o traballo do tecido empresarial galego na redución das...

0
― Ángeles Vázquez salienta que Finsa investiu en total preto de 200 millóns de euros nos últimos anos para optimizar todos os procesos apostando...

A Xunta participa na tradicional Feira de San Martiño de Teo

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e a conselleira do Medio...

López Campos agradece o papel das bibliotecas na promoción e difusión do libro e...

0
— O acto, incluído na Xornada de Bibliotecas Públicas, celébrase coincidindo co Día das Librarías — “O seu traballo, xunto co do comercio libreiro, é...

Belén do Campo destaca o investimento de máis de 300.000€ na mellora de infraestruturas...

0
 A delegada da Xunta avaliou co alcalde esas aportacións que servirán tanto para a mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas como...

Publicacións Relacionadas