Free Porn
xbporn
Home Sin categoría A Xunta reúnese co tecido comercial ourensán para avanzar no proceso participativo...

A Xunta reúnese co tecido comercial ourensán para avanzar no proceso participativo de cara á elaboración do plan estratéxico do sector

- Anuncio -

― O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, mantivo hoxe un encontro con representantes de asociacións de comerciantes e de centros comerciais abertos da provincia de Ourense

― A xuntanza enmárcase no proceso participativo aberto actualmente para elaborar o futuro Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, co obxectivo de recibir as achegas de todos os axentes implicados

― O director xeral puxo en valor a necesidade de avanzar cara a un modelo que se apoie nos beneficios das novas tecnoloxías e afonde na especialización, na calidade do produto e na experiencia do usuario, promovendo ademais o consumo responsable

― Entre as medidas propostas, figuran o impulso da rede de Mercados Excelentes, un selo de Menú de Mercado con campañas cruzadas cos restaurantes da contorna ou a simplificación das axudas aos centros comerciais abertos

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, mantivo hoxe un encontro con representantes de asociacións de comerciantes e de centros comerciais abertos da provincia de Ourense co obxectivo de seguir avanzando na elaboración do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030.

Durante a xuntanza -celebrada en Expourense- Gabriel Alén compartiu cos principais representantes provinciais do sector que actualmente -e deica finais de ano- está aberto o proceso participativo para recibir as achegas de todos os axentes implicados e afondou na necesidade de que os comerciantes poidan contribuír en primeira persoa coas súas ideas e inquedanzas á diagnose e estratexia máis acertadas para darlle un pulo ao sector.
Neste senso, destacou que para o Goberno galego é unha prioridade abordar o futuro do comercio desde o diálogo e atendendo ás necesidades reais do sector, coa vontade de avanzar entre todos -e desde a necesaria colaboración público-privada- para reforzar e facer máis competitivo o comercio local das vilas e cidades.

O director xeral puxo en valor o importante papel dinamizador deste sector como motor económico e xerador de emprego e riqueza, destacando a necesidade de camiñar cara a un modelo que se apoie nos beneficios das novas tecnoloxías e afonde na especialización, na calidade do produto e na experiencia do usuario, promovendo ademais o consumo responsable e a sustentabilidade como valores inherentes ao comercio local e de proximidade.

Alén fixo alusión tamén á aposta por acometer un plan de remuda xeracional para asegurar a continuidade dos comercios rendibles, apoiando tanto ao que cesa na actividade como ao que a vai continuar.

Plan estratéxico do comercio de Galicia

Galicia conta con máis de 24.000 comercios polo miúdo, que xeran 107.000 postos de traballo en toda a Comunidade, ademais de preto dun cento de mercados e prazas de abastos. A futura planificación, con horizonte en 2030, abordará a transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e tamén artesanal, que permita desenvolver un Mapa do Comercio de Galicia efectivo. Este espazo contemplará a todo o sector comercial integrado dentro das asociacións, cun buscador por tipoloxía de establecemento, xeolocalización e información detallada para potenciais clientes.

Entre as medidas nas que está a traballar o Executivo galego, figura o impulso das prazas de abastos -fomentando a súa certificación como Mercados Excelentes- ou a posta en marcha do selo Menú de Mercado, que permita facer campañas cruzadas cos restaurantes da contorna. Tamén contemplará liñas para potenciar os centros comerciais abertos -para consolidalos como máximos referentes dun servizo de proximidade e de calidade e simplificar as súas axudas-e a Fundación Artesanía de Galicia, para seguir apoiando o labor dos nosos artesáns e artesás.

Relacionadas

A Xunta ten mobilizado o 83% dos máis de 130M€ de Fondos Next Generatión...

0
— O director de Turismo de Galicia participa na apertura das xornadas técnicas de seguimento dos plans de sustentabilidade turística en destino de Galicia —...

A Xunta promove a creación de alianzas entre persoas emprendedoras para fortalecer o tecido...

0
— O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou a actividade Facer rede: Construción de alianzas e contactos entre persoas emprendedoras —...

A Xunta aborda nun congreso a situación actual da planta local galega e fórmulas...

0
― O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou xunto con representantes das tres universidades galegas e da Fundación Juana de Vega...

A Xunta destaca no 5º encontro para empresarios de Galicia e Norte de Portugal...

0
— José González aludiu a acordos concretos como o que garante a actividade de coordinación do servizo de emprego Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal,...

Rueda ensalza a rehbilitación do Mosteiro de Oia como un exemplo de protección do...

0
 Destaca esta iniciativa como o “inicio dunha nova etapa” para este emblemático monumento que conta cunha axuda de 4 M€ por parte da...

Galicia e as comunidades lobeiras insisten na necesidade de revisar o nivel de protección...

0
— Avanzan na elaboración do próximo informe sexenal co obxectivo de que o Goberno central traslade á Comisión Europea os datos reais sobre o...

Publicacións Relacionadas