Home Pontevedra Baixo Miño Concerto de música sefardí este domingo con Terra Sigilata na igrexa gótica...

Concerto de música sefardí este domingo con Terra Sigilata na igrexa gótica de San Domingos

- Anuncio -

O domingo á mañá haberá unha nova visita guiada e continúan as Xornadas Gastronómicas do Bacallau

Esta fin de semana continúan avanzando as actividades do “Setembro xudeu en Tui” con novas ofertas que promoven o legado patrimonial e cultural que as comunidades xudías e criptoxudías teñen deixado na nosa cidade así como o coñecemento da cultura sefardí.

O principal evento destas xornadas é o concerto de música sefardí a cargo do dúo Terra Sigilata co seu espectáculo “Las madres de Sepharad”. Celebrarase o domingo ás 20 h na igrexa de San Domingos.

Terra Sigilata é un dúo palentino formado no ano 2020, en plena pandemia. Estes dous irmáns, Ángel e Marimar Pozo Velasco, levaban nos escenarios dende había anos, con outras formacións musicais de repercusión internacional como Amalgama Folk ou Fusión y Cuenta Nueva. Debutan en 2023 co nome de Terra Sigilata” en diversos festivais palentinos, presentando de seguido o seu proxecto musical en Madrid.

Desde entón actuaron en multitude de localidades e festivais como Mozares Soa (festival da Trilla nas Merindades) ou no ciclo o xardín dos sentidos de Segovia no Palacio Quintanar e no ciclo 7 Pecados musicais de Palencia. Actualmente forman parte da produtora e promotora musical palentina “Enraigo” onde promocionan os seus diferentes espectáculos e grupos a nivel nacional e internacional.

Con este proxecto tan persoal plasman as súas inquietudes por rescatar, renovar e dar unha nova vida á nosa música tradicional e a recuperar músicas históricas, especializándose en música da Idade Media e sefardí. Considéranse “arqueólogos da tradición inmaterial” buscando entre os vestixios de vidas pasadas as nosas raíces musicais parcialmente soterradas baixo Terra. A partir de aí traballan a música coma se fose un proceso de restauración contemporáneo para poder levala aos escenarios. Nesta ocasión ofrécennos un concerto titulado “As Nais de Sepharad”, sobre a música dos xudeus españois que coa diáspora viaxaron a outros lugares do mundo e que permaneceu tamén na península en mans das nais dos xudeus conversos, chegando ata os nosos días mediante no folclore tradicional por transmisión oral. Terra Sigilata levará a cabo un percorrido musical interpretando repertorio de música sefardí con instrumentos propios dos lugares de acollida dos xudeus españois.

Por unha banda, este domingo ás 11.30 h, na Portada da catedral tudense, comezará unha nova visita temática titulada “Presenzas xudías na catedral de Tui” a cargo de José Ramón Fernández, historiador da arte.

Cómpre lembrar tamén que ao longo do venres e do sábado os oito establecementos de hostalaría participantes nas “Xornadas gastronómicas sefardís: ruta de tapas de bacallau” seguirán ofertando as súas especialidades ao prezo de 2,00 euros. Os interesados poden retirar os seus “pasaportes” nos establecementos participantes ou na Oficina Municipal de Turismo, e con aqueles que teñan ao menos cinco selos e sexan entregados na Oficina de Turismo ata o 10 de outubro realizarase un sorteo de agasallos.

Participan nesta ruta de tapas do bacallau os seguintes establecementos:
• Vello Cabalo Furado (Seixas, 2) Boliños de bacallau con alioli
• Taperia O Albergue (Seixas, 6) Pan bao recheo de bacallau encebolado
• Cafeteria Entrehoras (Compostela, 6) Garavanzos con bacallau
• Parador de Tui (Avenida de Portugal, s/n) Cañita rechea de brandada de bacallau e pemento do piquillo con vinagreta de canela e mel
• Ideas Peregrinas (Porta da Pía, 1) Baguel de pan de sementes, bacallau afumado e pemento do piquillo
• Cociñarte (Martínez Padín, 8) Gratén de bacallau
• Santiamen (Cantón de Diomedes, 1) Bacallau á brasa sobre cama de broa de milho
• Puro Sabor (Ourense, 3) Empanadilla de bacallau

Tamén ao longo de todo o mes de setembro estará instalado na Praza do Concello e diante da Oficina de Turismo o photocoll coa árbore, a imaxe escollida para a celebración das “Xornadas Europeas da Cultura Xudía” pola Red de Juderías de España, á que pertence este Concello de Tui dende o ano 2019. Os participantes deberán facerse unha foto xunto á árbore, e subila a instagram etiquetando á conta da Red de Juderías @redjuderias, participando no sorteo de diversos agasallos.

Ana María Núñez Álvarez, concelleira de Turismo e Patrimonio do Concello de Tui, congratúlase do éxito de participación nas actividades ata agora realizadas anima a veciños e visitantes a participar nestas actividades do “Setembro xudeu en Tui” nesta fin de semana do 20 a 22 de setembro. A concelleira tudense lembra que Tui é a única cidade da provincia de Pontevedra que forma parte da Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad e do itinerario cultural do Consello de Europa “Rutas do patrimonio xudeu” que xestiona a The European Association for the Preservation and Promotion of Jewish Culture and Heritage (AEPJ).

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas