Free Porn
xbporn
Home O Morrazo Marín O BNG traslada problemas ocasionados polas obras do saneamento no Lameira

O BNG traslada problemas ocasionados polas obras do saneamento no Lameira

- Anuncio -

Dende o BNG de Marín denúnciase a falta de accións ante os vertedoiros e a precariedade na execución das obras, que afectan á veciñanza e á seguridade dos escolares.

O pasado 12 de setembro celebrouse o Pleno Municipal do Concello de Marín, no que o Grupo Municipal do BNG trasladou, no punto de rogos e preguntas, unha serie de problemas que as obras de saneamento do río Lameira están causando á veciñanza dende hai varios meses.
A a voceira do grupo municipal do BNG, Lucía Santos, preguntou sobre a situación dos catro vertedoiros activos que a empresa encargada das obras ten nun tramo de aproximadamente 500 metros, desde o Camiño Panteiras até a Barriada Virxe do Carme. Santos cuestionou por que non se están derivando os residuos aos centros de tratamento, xa que estes vertedoiros están localizados no Camiño Panteiras, na rúa Enrique Turrall, na rúa do Souto e na Barriada Virxe do Carme.
A voceira sinalou que no existente na rúa Enrique Turrall enterráronse os cascallos de obra, tubos, etc…baixo unha capa de terra, en lugar de proceder a súa recollida selectiva para traslado ao vertedoiro correspondente. No caso da rúa do Souto, a morea de cascallos está enriba de mobiliario urbano, causando desperfectos.
Ademais, Lucía Santos solicitou a recuperación dunha pedra con gravados de Pepito Meijón, que se atopa na rúa do Souto.
En relación a estas obras, a concelleira do BNG, Celia García, indicou que dende agosto do 2023 se procedeu ao derribo dos muros de peche das parcelas existentes ao carón do cauce do río. Agora, en setembro do 2024, 13 meses máis tarde, os peches seguen sen reponerse, o que está causando un perigo para a veciñanza, con roubos nas súas parcelas.
Celia García tamén manifestou que a demora na execución dos traballos na beirarrúa en J. Janer e o corte desde o pasado luns 9 de setembro da pasarela, dificultan o acceso ao CEIP Sequelo, convertendo o traxecto en NON SEGURO para as escolares e as súas familias.
Ademais, a concelleira do BNG, Davinia Lojo, instou ao goberno municipal dar traslado dun toque de atención e a mellorar a coordinación coa “UTE PETROLAM &amp ORESA” que está traballando a un ritmo lento en diversas cuestións, como a apertura da beirrarúa de J. Janer, un tramo duns 170 metros no que, en teoría, levan traballando tres meses.
A maiores da lentitude na execución dos traballos e as molestias que isto conleva (maior peligrosidade no tráfico viario, molestias á veciñanza nas entradas e saídas aos seus garaxes e domicilios, etc.) cada vez que se presenta un problema coas conexións de auga, a UTE ten que coordinarse co Servizo de Augas do Concello para solicitar e colocar a peza que faga falla (chaves de paso, etc.).
Por iso, a concelleira do BNG solicita que se dispoña dun stock de recambios destas chaves de paso para que a colocación sexa rápida, evitando así ter que esperar días polo pedido e suministro da peza en cuestión.
Davinia Lojo subliñou que a situación dos semáforos provisionais, xa comentada en plenos anteriores, segue sendo precaria. Os que se están a utilizar dende o inicio teñen moi pouca altura (aproximadamente 1,5 metros) o que dificulta a súa visibilidade para os vehículos. Ademais, o tráfico que se incorpora dende a rúa Recamán non está regulado, o que provoca que a visibilidade sexa nula.

Relacionadas

Redondela conmemora o Día do Alzhéimer cunha charla informativa para familias e coidadores

0
O sábado, 21 de setembro, celébrase o Día Mundial do Alzhéimer, unha enfermidade que afecta a unha de cada dez persoas maiores de 65...

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra participa na presentación da programación de outubro previa...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou hoxe no Concello de Pontevedra na presentación da programación de outubro previa á Gala dos...

O concello da Lama crea a “Aula Mentor” para achegar máis de 240 cursos...

0
Única na comarca do Verdugo-Oitavén, está ubicada nas dependencias da Biblioteca e Oficina Municipal de Información Xuvenil. O alcalde do Concello da Lama, David Carrera,...

Domínguez: “A planta de compostaxe non se vai a facer en Pontevedra pero seguen...

0
• O tempo dá a razón ao PP co diñeiro malgastado das arcas municipais no alugueiro dunhas hectáreas da parroquia que, nove anos máis...

A Deputación leva este sábado á Illa de Arousa unha actuación de Lontreira no...

0
O concerto financiado pola institución provincial forma parte das actividades organizadas co gallo do Festival da Mocidade e serve de peche aos concertos programados...

Luis López destaca que a primeira colaboración entre a Deputación e Fadeal levará aos...

0
O presidente provincial asina un convenio dotado con 15.000 euros coa federación para o desenvolvemento do programa “Alzheimer de Preto” O presidente da Deputación de...

Publicacións Relacionadas