Home Xunta de Galicia Galicia e as comunidades lobeiras insisten na necesidade de revisar o nivel...

Galicia e as comunidades lobeiras insisten na necesidade de revisar o nivel de protección do lobo e de adaptalo á realidade actual en cada territorio

- Anuncio -

— Avanzan na elaboración do próximo informe sexenal co obxectivo de que o Goberno central traslade á Comisión Europea os datos reais sobre o estado desta especie


— Ángeles Vázquez reclama ao Executivo central que transfira á Comunidade os 12 M€ de fondos estatais que lle corresponderían no período 2022-2024 para paliar as consecuencias dos ataques do lobo e para implementar medidas preventivas

Galicia e as demais comunidades lobeiras do norte de España insistiron hoxe na necesidade de revisar o nivel de protección do lobo e de adaptalo á realidade actual en cada territorio co obxectivo de garantir o equilibrio entre a conservación desta especie e a actividade gandeira.

Esa foi unha das cuestións abordadas hoxe nunha reunión técnica que tivo lugar en Santiago de Compostela entre representantes das comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León, que foi clausurada pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, quen lembrou que a Comisión Europea xa expuxo a necesidade de flexibilizar, ou mesmo rebaixar, ese nivel de protección.

Nesa liña, Ángeles Vázquez subliñou que, segundo o censo desta especie elaborado pola Xunta no ano 2022, a poboación de lobo ibérico mantense estable na Comunidade ao ter rexistradas 93 mandas -tres máis das que había en 2013- cunha presencia xeral no 91% do territorio. Así, ante eses datos, que indican que o estado de conservación da especie na Comunidade non é desfavorable, Galicia agarda que o Goberno central rectifique a súa decisión de incluílo no Listado de especies silvestres en réxime de protección especial (LESRPE).

De feito, na reunión celebrada esta mañá os representantes autonómicos puxeron en común o estado actual da especie en cada un dos seus territorios para avanzar na elaboración do próximo informe sexenal co obxectivo de que o Goberno español traslade á Comisión Europea os datos reais sobre a poboación de lobo ao norte do Douro.

Tal e como se expuxo no encontro de traballo, ao censo actualizado de Galicia hai que engadir a información xa recollida en Asturias, onde se superan as 45 mandas, e Cantabria, que ten contabilizadas 20 mandas. No caso de Castela e León, está previsto que conclúa a elaboración do censo nos vindeiros meses.

A maiores, durante a reunión tamén se abordou a necesidade de seguir apoiando ao sector gandeiro coa convocatoria de axudas tanto para paliar as consecuencias dos ataques do lobo como para implementar medidas preventivas. Nese punto, Ángeles Vázquez insistiu en reclamar ao Goberno central a transferencia á Comunidade dos 12 millóns de euros de fondos estatais que lle corresponderían no período 2022-2024.

Cómpre lembrar que aínda non se produciu o traspaso de fondos correspondentes a 2024, cuxo reparto se acordou na Conferencia Sectorial de Medio Ambiente celebrada o pasado mes de xullo e polo que a Galicia lle corresponden 4 millóns de euros. A isto hai que engadir que o ano pasado non se chegou a facer esa distribución dos fondos entre as comunidades por problemas internos do Executivo central e que en 2022 o reparto foi inxusto con Galicia por non apoiar a estratexia nacional, polo que o a Xunta interpuxo un recurso contencioso-administrativo que aínda non se resolveu.

Segundo dixo a conselleira, “este desleixo do Executivo central contrasta co compromiso do Goberno galego de garantir o equilibrio e a convivencia entre a actividade gandeira e a protección do lobo”. Galicia destinou entre 2016 e 2023 case 8,4 millóns de euros a previr e paliar os ataques desta especie e no ano 2024 convocou distintas liñas de axudas por máis de 2,5 millóns de euros.

Relacionadas

A Escola da Auga da Xunta comeza a funcionar co reto de impulsar a...

0
Ángeles Vázquez explica que a iniciativa está aberta tanto a técnicos e funcionarios municipais como a persoal de empresas privadas, que poderán acceder a...

Medio Rural pon en valor a Central Agropecuaria de Galicia en Silleda como referente...

0
A conselleira María José Gómez asistiu á segunda poxa de gando celebrada no que vai de ano nesta Central e salientou que este é...

A Xunta convoca hoxe as probas de avaliación en competencias clave para acceder á...

0
A convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, avaliará os coñecementos en matemáticas, lingua galega, lingua castelá e inglésEstá dirixida a persoas que...

A Xunta salienta que o Censo do patrimonio marítimo servirá de base para elaborar...

0
— Ángeles Vázquez indica que esta iniciativa, que é desenvolvida pola Universidade da Coruña con financiamento do Goberno galego, permitirá ofrecer datos clave para...

A Xunta designa o trbunal para as probas de aptitude profesional para exercer como...

0
o longo de 2025 haberá oito convocatorias en distintas categorías co obxectivo de  acadar os certificados profesionais para a condución de distintas categorías de...

Belén do Campo anima aos alumnos de Secundaria a participar no Concurso #PARQUEVIBRAS creando...

0
― A delegada destacou que esta nova iniciativa busca dar a coñecer entre a mocidade galega os seis parques naturais de Galicia para concienciar...

Publicacións Relacionadas