Home Pontevedra Baixo Miño O director rosaleiro Gon Caride leva o rural galego ao máis alto...

O director rosaleiro Gon Caride leva o rural galego ao máis alto con ‘Morte e o meu avó’

- Anuncio -

O Concello felicita ao cineasta polo premio acadado no festival Rurales cunha obra que fusiona documental e ficción rodada en parte nas Eiras

Nun lugar no que o tempo parece deterse, a morte convértese nunha compañeira cotiá, pero tamén nunha oportunidade para reflexionar sobre a vida e a memoria. Así é ‘Morte e o meu avó’, a curtametraxe do director rosaleiro Gon Caride coa que acaba de gañar o premio á mellor curta de ficción e animación do festival Rurales. O Concello rosaleiro traslada os seus parabéns ao director polo galardón a unha obra rodada en parte nas Eiras.
A curta, que contou coa colaboración do Concello do Rosal, conta con máis dunha ducia de nominacións ás súas costas e foi tamén galardoada como mellor curtametraxe galega no City Blue Film Festival de Vigo. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, quixo destacar a importancia para o concello dunha obra “que soubo capturar a esencia do noso territorio. Unha homenaxe ao rural, ás súas xentes e ao inexorable paso do tempo pola que só podemos felicitar a Gon Caride e sentirnos orgullosas e orgullosos de formar parte da historia”.
O filme explora entre o documental e a ficción a complexa relación entre a infancia, a vellez e a inevitable presenza da morte no día a día. O xurado do concurso salientou que a curta é unha fermosa e emotiva reflexión sobre as trampas da memoria e a fantasía dunha infancia perpetua, levando ao público a un diálogo íntimo e profundo entre a vellez e a morte.
Este éxito non só coloca a Gon Caride como un dos cineastas galegos máis prometedores, senón que tamén reforza a importancia do cine como ferramenta para preservar e reinterpretar o noso patrimonio rural. “Este premio é unha mostra de que o noso rural ten moito que ofrecer tamén como inspiración para historias que nos conectan coas nosas raíces máis profundas. Moitas grazas Gon por levar a esencia do Rural ao mundo”, saliento a rexedora.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas