Home Xunta de Galicia Rueda ensalza a rehbilitación do Mosteiro de Oia como un exemplo de...

Rueda ensalza a rehbilitación do Mosteiro de Oia como un exemplo de protección do patrimonio galego e motor de desenvolvemento turístico

- Anuncio -

 Destaca esta iniciativa como o “inicio dunha nova etapa” para este emblemático monumento que conta cunha axuda de 4 M€ por parte da Xunta para albergar un hotel e un restaurante


 Salienta que o complexo servirá para ampliar e mellorar os servizos do Camiño Portugués da Costa, unha ruta que é a que máis medra con máis de 57.000 Compostelas recollidas ata o momento


 Indica que con este proxecto, ademais de preservar o patrimonio, dinamizarase a economía local e fomentarase un turismo sustentable e mellorarase os servizos para turistas e peregrinos

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor o proxecto de restauración, rehabilitación e ampliación do Real Mosteiro de Oia presentado hoxe como un exemplo de protección do patrimonio e motor de desenvolvemento turístico.

Nun acto celebrado na sede de Afundación de Vigo, o titular do Goberno galego definiu a iniciativa como o “inicio dunha nova etapa” para este emblemático monumento do patrimonio galego que conta cunha axuda de 4 M€ por parte da Xunta para albergar un hotel e un restaurante.

Estes apoios forman parte dunha liña destinada a apoiar iniciativas tractoras que supoñan a rehabilitación con usos turísticos de lugares senlleiros do Camiño de Santiago, no marco do Plan Xacobeo Next Generation. Neste sentido, o Mosteiro de Oia, catalogado como Ben de Interese Cultural, forma parte do itinerario do Camiño Portugués da Costa, unha ruta que, tal e como apuntou Rueda, é a que máis medra con máis de 57.300 Compostelas recollidas ata o momento.

Así, subliñou que, tras máis de 20 anos de esforzo por parte dos actuais propietarios, a empresa Residencial Mosteiro de Oia SA, o proxecto non só é un feito histórico, senón tamén un exemplo de recuperación e posta en valor do patrimonio cultural de Galicia para deixar tamén o mellor legado ás vindeiras xeracións.

Un obxectivo que vai en sintonía coa campaña impulsada este ano pola Xunta, Que a nosa historia siga contando, para fomentar a sensibilización cidadá sobre a importancia do coidado do patrimonio cultural da comunidade e na cal o Mosteiro de Oia foi un dos elementos seleccionados.

Elemento vertebrador para a economía
Alfonso Rueda indicou que con este proxecto presentado hoxe, ademais de preservar o patrimonio, dinamizarase a economía local e fomentarase un turismo sustentable e mellorarase os servizos para turistas e peregrinos. Con todo, a circulación dos usuarios turísticos non coincidirá coa dos asistentes á igrexa xa que o espazo dedicado a uso turístico comprende unicamente o recinto pechado intramuros.

Así, as Rutas Xacobeas están a acadar cifras de récord, con máis de 393.000 Compostelas emitidas ata o momento, e cada vez están máis internacionalizadas, debido a que un 60% corresponde a peregrinos estranxeiros. Ao mesmo tempo, segundo un estudo da Xunta en colaboración coa Universidade de Santiago, cada peregrino ten un efecto económico equivalente a entre 2,4 e 3 turistas nacionais.

Relacionadas

A Escola da Auga da Xunta comeza a funcionar co reto de impulsar a...

0
Ángeles Vázquez explica que a iniciativa está aberta tanto a técnicos e funcionarios municipais como a persoal de empresas privadas, que poderán acceder a...

Medio Rural pon en valor a Central Agropecuaria de Galicia en Silleda como referente...

0
A conselleira María José Gómez asistiu á segunda poxa de gando celebrada no que vai de ano nesta Central e salientou que este é...

A Xunta convoca hoxe as probas de avaliación en competencias clave para acceder á...

0
A convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, avaliará os coñecementos en matemáticas, lingua galega, lingua castelá e inglésEstá dirixida a persoas que...

A Xunta salienta que o Censo do patrimonio marítimo servirá de base para elaborar...

0
— Ángeles Vázquez indica que esta iniciativa, que é desenvolvida pola Universidade da Coruña con financiamento do Goberno galego, permitirá ofrecer datos clave para...

A Xunta designa o trbunal para as probas de aptitude profesional para exercer como...

0
o longo de 2025 haberá oito convocatorias en distintas categorías co obxectivo de  acadar os certificados profesionais para a condución de distintas categorías de...

Belén do Campo anima aos alumnos de Secundaria a participar no Concurso #PARQUEVIBRAS creando...

0
― A delegada destacou que esta nova iniciativa busca dar a coñecer entre a mocidade galega os seis parques naturais de Galicia para concienciar...

Publicacións Relacionadas