Home A Coruña A mesa de coordinación institucional sobre violencia de xénero aborda propostas de...

A mesa de coordinación institucional sobre violencia de xénero aborda propostas de mellora na atención ás vítimas

- Anuncio -

O CIM de Carballo atende a 189 mulleres que sofren violencia de xénero

A Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade convocou unha xuntanza da Mesa local de coordinación institucional sobre violencia de xénero para abordar propostas de mellora na atención ás vítimas, dado o preocupante incremento dos casos de violencia machista na nosa contorna.

A mesa, integrada polo Centro de Información ás Mulleres (CIM), a Garda Civil, a Policía Local e a unidade de violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno da Coruña, puxo en común as intervencións coas mulleres que se realizan desde cada unha das institucións implicadas coa finalidade de poder desenvolver unha atención cada vez máis eficaz e integral ás vítimas.

O CIM de Carballo, que presta servizo tamén ás mulleres dos concellos de Malpica, Ponteceso e Coristanco, atende nestes momentos a 189 vítimas de violencia de xénero. “Estamos a falar dunha cifra moi elevada, polo que temos que seguir loitando contra a lacra da violencia, que está tan presente na nosa sociedade”, indicou a directora do CIM, Nieves Castañón.

A mesa de coordinación institucional sobre violencia de xénero, constituída no noso concello desde marzo do 2011, é un espazo de traballo colaborativo para unha mellor atención e prestación de servizos ás mulleres vítimas. Nesa liña enmárcase a recente colaboración entre o Concello de Carballo e a Subdelegación do Goberno para mellorar as instalacións nas que son atendidas as vítimas no cuartel da Garda Civil cando acoden presentar unha denuncia.

Ademais de contar cunhas oficinas renovadas, accesibles e cómodas, o Concello de Carballo colaborou na mellora do servizo coa instalación dun recunchiño de lectura, que conta con libros e xogos para diferentes idades coa finalidade de que os menores que acoden coas súas nais ao cuartel dispoñan dunha sala independente na que poden estar atendidos e entretidos mentres as mulleres fan os trámites pertinentes.

Relacionadas

O Pleno de Brión aproba destinar os 686.000 € do POS+ 2025 a gasto...

0
O alcalde Pablo Lago explica que “decidimos destinar todo a gasto corrente porque as obras imos financialas con fondos propios xa que é a...

Aprobado por unanimidade o POS+ Adicional 2025 para gastos sociais

0
Destinaranse máis de 103.000 euros ao financiamento de gasto corrente, reforzar programas sociais e adquirir equipos informáticos e equipamento técnico asistencial. O Pleno da Corporación...

O alumnado do IES Agra de Leborís asistiu á xornada informativa sobre agresións e...

0
A iniciativa centrouse en animar á mocidade a reflexionar sobre o bo trato nas primeiras relacións. O alumnado de primeiro de bacharelato do IES Agra...

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación do 14 de xaneiro de 2025

0
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu no 14 de xaneiro, a partir das 13.45 horas, a sesión extraordinaria do...

Socialista pechan un acordo de orzamentos para 2025

0
Goretti Sanmartín, en representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, María Rozas, en nome do Grupo Municipal de Compostela Aberta, e Gonzalo Muíños,...

A II Bandeira de Bateis Mecalsa dispútase na Pobra no 18 de xaneiro

0
Os bateis vogarán as augas da dársena do peirao comercial da Pobra na II Bandeira de Bateis Mecalsa que organiza o Club Remo Puebla...

Publicacións Relacionadas