Home A Coruña A ruta BTT nocturna e unha exhibición de rugby, últimos acontecementos deportivos...

A ruta BTT nocturna e unha exhibición de rugby, últimos acontecementos deportivos do verán en San Sadurniño

- Anuncio -

O Concello de San Sadurniño pechará esta fin de semana o calendario de actividades deportivas do verán. E farao coa Ruta BTT nocturna organizada para este venres a partir das 21:00h en colaboración con Biela e Chaveta,e cunha exhibición de rugby que se desenvolverá o sábado pola tarde -17:00h- no campo de fútbol de Santa Mariña do Monte, neste caso coorganizada polo Club de Rugby Ferrol e a ACDR Santa Mariña do Monte. Na proba ciclista, con saída e chegada na capital municipal e un trazado total de 15 quilómetros, participarán 42 deportistas, mentres que a demostración de rugby do día seguinte contará co CR Ferrol, o CR Fendetestas e a Asociación Llanerense de Rugby, procedente de Asturias.

O departamento municipal de Deportes pechou onte o prazo de inscrición para a BTT nocturna, para a que se recolleron un total de 42 solicitudes, todas elas admitidas. Na súa maioría son ciclistas con idades comprendidas entre os 18 e os 50 anos aos que se lles dará a saída este venres sobre as nove da noite diante do colexio público.

Trala saída e o paseo de quecemento polo centro urbano, o grupo tirará cara a Cornide e empezará a estirarse a medida que se vai escalando á Penamoura, onde o trazado se dividirá en dous camiños: un de 13 quilómetros relativamente doado e outro de 15,5 algo máis duro. Este último ten unha subida de aproximadamente 1 km até o Chao e a Penavidreira, punto máis elevado da ruta onde se iniciará a baixada seguindo os montes de Piñeiros e a Bidueda até rematar de novo diante do CPI de San Sadurniño.

A BTT nocturna, cuxo trazado pode verse nesta ligazón, é unha proba cun perfil e un percorrido de dificultade media no que é obrigatorio o uso de casco e luz frontal e traseira. Ademais, todos os ciclistas menores deberán estar acompañados por outro adulto. Todas as persoas apuntadas terán a cobertura dun seguro e coa inscrición van incluídos os avituallamentos da metade e do final da proba.

Rugby o sábado en Santa Mariña
A outra cita deportiva desta fin de semana en que se despide o verán será a exhibición de pretemporada que ofrecerán o Club de Rugby Ferrol, o Fendetestas das Pontes e a Asociación Llanerense de Rugby, chegada de Asturias.

Os tres equipos encontraranse no campo de fútbol de Santa Mariña do Monte nun evento organizado polo club ferrolán e a ACDR Santa Mariña do Monte coa colaboración do Concello. Desde as 17:00 até as 21:00h, aproximadamente, todas as persoas que se acheguen polo recinto poderán ver como se xoga e aprender as regras dun deporte apaixoante que, malia a dureza dalgúns lances, se caracteriza polo xogo limpo e a cortesía entre contrincantes.

Relacionadas

O Pleno de Brión aproba destinar os 686.000 € do POS+ 2025 a gasto...

0
O alcalde Pablo Lago explica que “decidimos destinar todo a gasto corrente porque as obras imos financialas con fondos propios xa que é a...

Aprobado por unanimidade o POS+ Adicional 2025 para gastos sociais

0
Destinaranse máis de 103.000 euros ao financiamento de gasto corrente, reforzar programas sociais e adquirir equipos informáticos e equipamento técnico asistencial. O Pleno da Corporación...

O alumnado do IES Agra de Leborís asistiu á xornada informativa sobre agresións e...

0
A iniciativa centrouse en animar á mocidade a reflexionar sobre o bo trato nas primeiras relacións. O alumnado de primeiro de bacharelato do IES Agra...

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación do 14 de xaneiro de 2025

0
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu no 14 de xaneiro, a partir das 13.45 horas, a sesión extraordinaria do...

Socialista pechan un acordo de orzamentos para 2025

0
Goretti Sanmartín, en representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, María Rozas, en nome do Grupo Municipal de Compostela Aberta, e Gonzalo Muíños,...

A II Bandeira de Bateis Mecalsa dispútase na Pobra no 18 de xaneiro

0
Os bateis vogarán as augas da dársena do peirao comercial da Pobra na II Bandeira de Bateis Mecalsa que organiza o Club Remo Puebla...

Publicacións Relacionadas