Home A Coruña Inés Rey: “Non hai reto de futuro que non pase por poñer...

Inés Rey: “Non hai reto de futuro que non pase por poñer no centro os municipios”

- Anuncio -

A alcaldesa interveu na mesa de debate “Los retos de las ciudades en el horizonte 2030-2050” no IV Congreso RECI, que tivo lugar en Madrid

Puxo en valor o traballo dos concellos como administracións pioneiras na integración da tecnoloxía TIC para o servizo cidadán

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta mañá no IV Congreso RECI da “Red Española de Ciudades Inteligentes” que tivo lugar en Madrid. Actualmente, a rede está formada por máis de 144 municipios socios co obxectivo de abordar os retos das cidades en materia tecnolóxica e de innovación.

Rey formou parte na mesa de debate “Los retos de las ciudades en el horizonte 2030-2050” e puxo en valor o traballo dos concellos como administracións pioneiras na integración da tecnoloxía TIC para o servizo cidadá: “na Coruña xa utilizamos a IA para o seguimento da mobilidade, algo que tamén irá dando magníficos resultados para desconxestionar o tráfico en momentos difíciles e evitar infraccións” sinalou.

Nese sentido, a alcaldesa reivindicou a administración local como peza clave no desenvolvemento tecnolóxico por proximidade á cidadanía. “Non hai reto de futuro que non pase por poñer no centro os municipios” aseverou, e chamou a un maior financiamento das entidades locais. “Somos imprescindibles dentro do conxunto do Estado, a pesar de que en termos de financiamento aínda teñan que ser atendidas como corresponden moitas necesidades municipais, xa que existe un déficit moi grande entre os servizos que ofrecemos e os recursos que se nos asignan” concluíu.

Relacionadas

O Pleno de Brión aproba destinar os 686.000 € do POS+ 2025 a gasto...

0
O alcalde Pablo Lago explica que “decidimos destinar todo a gasto corrente porque as obras imos financialas con fondos propios xa que é a...

Aprobado por unanimidade o POS+ Adicional 2025 para gastos sociais

0
Destinaranse máis de 103.000 euros ao financiamento de gasto corrente, reforzar programas sociais e adquirir equipos informáticos e equipamento técnico asistencial. O Pleno da Corporación...

O alumnado do IES Agra de Leborís asistiu á xornada informativa sobre agresións e...

0
A iniciativa centrouse en animar á mocidade a reflexionar sobre o bo trato nas primeiras relacións. O alumnado de primeiro de bacharelato do IES Agra...

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación do 14 de xaneiro de 2025

0
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu no 14 de xaneiro, a partir das 13.45 horas, a sesión extraordinaria do...

Socialista pechan un acordo de orzamentos para 2025

0
Goretti Sanmartín, en representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, María Rozas, en nome do Grupo Municipal de Compostela Aberta, e Gonzalo Muíños,...

A II Bandeira de Bateis Mecalsa dispútase na Pobra no 18 de xaneiro

0
Os bateis vogarán as augas da dársena do peirao comercial da Pobra na II Bandeira de Bateis Mecalsa que organiza o Club Remo Puebla...

Publicacións Relacionadas