Home Xunta de Galicia A Xunta aborda nun congreso a situación actual da planta local galega...

A Xunta aborda nun congreso a situación actual da planta local galega e fórmulas de cooperación intermunicipal para garantir a prestación de servizos

- Anuncio -

― O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou xunto con representantes das tres universidades galegas e da Fundación Juana de Vega na inauguración do evento


― Diego Calvo incidiu en que son os propios municipios os que de forma voluntaria teñen que decidir que mecanismos son máis axeitados en cada caso


― No congreso presentouse o estudo sobre a planta local galega, cuxas propostas normativas do documento se terán en conta na reforma da Lei de Administración Local de Galicia na que traballa o Goberno galego

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, destacou hoxe na inauguración do congreso Reforma do mapa municipal de Galicia a importancia deste evento para abordar a situación actual na planta local e analizar as distintas formas de cooperación intermunicipal coas que facilitar e garantir a prestación de servizos á cidadanía, en especial nos concellos de menor poboación. Tamén participaron os reitores da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, e da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, e a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Mónica Valderrama.

Diego Calvo incidiu no apoio da Xunta á xestión compartida de servizos dando prioridade aos proxectos conxuntos nas distintas liñas de axudas e no caso dos procesos de fusión voluntaria de concellos a través do fondo de fusións.

Nesta liña, o conselleiro de Presidencia aclarou que son os propios concellos, de forma voluntaria, os que deben decidir os mecanismos máis axeitados de asociacionismo e cooperación intermunicipal -compartindo postos de secretaría, intervención ou tesourería entre varios municipios, agrupacións ou mancomunidades, fusións…- co obxectivo de que a veciñanza teña un acceso igualitario aos servizos con independencia do lugar no que resida e, ao mesmo tempo, se poida facer fronte a desafíos da demografía galega como o avellentamento ou o despoboamento.

Na súa intervención, adiantou que o estudo sobre a planta local galega encargado pola Xunta á Fundación Juana de Vega e ás tres universidades galegas que se presenta hoxe no congreso recolle unha enquisa a un milleiro de galegos e galegas sobre súa opinión sobre as fusións municipais e outras alternativas de adaptación da planta local.

Como resultado -sinalou- as primeiras conclusións amosaron que a cidadanía ten unha predisposición favorable á fusión voluntaria dos concellos con ata un 83%, e considera que a redución do número destes melloraría a súa capacidade de prestación de servizos. A porcentaxe redúcese cando se pregunta polas fusións no propio concello.

O conselleiro de Presidencia lembrou que a Xunta está a traballar na reforma da Lei de Administración Local de Galicia de 1997 e precisamente as conclusións deste estudo tamén serán tidas en conta na súa elaboración. Coa nova norma, o Goberno galego pretende avanzara cara un municipalismo do século XXI asentado na cooperación, a coordinación e na colaboración con ferramentas que garantan a calidade dos servizos municipais no actual contexto demográfico da comunidade ao prestar, por tanto, especial apoio aos concellos en risco de despoboamento.

Por outra parte, explicou que na viabilidade dos concellos ten moito que ver o financiamento local, polo que aclarou que a súa negociación ten que ir asociada á do financiamento autonómico entre o Goberno central e as comunidades. Para compensar os desfases, a Xunta garante a participación das entidades locais nos orzamentos autonómicos mediante o Fondo de Cooperación Local. Así, este fondo sumado a todas as axudas da Xunta ás entidades locais supera os 602 millóns este ano.

Programación do congreso
No congreso de hoxe participan técnicos, académicos e xestores municipais co obxectivo de compartir as súas experiencias no que se refire á xestión municipal. Inclúe a presentación das conclusións do estudo nunha mesa moderada polo director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade e de expertos das tres universidades galegas.

Ademais, a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto modera unha mesa sobre as fusións municipais con representantes municipais como o alcalde de Cerdedo-Cotobade, concello resultante dunha das dúas fusións voluntarias en España, xunto coa de Oza-Cesuras.

Dende 2013, a lexislación básica en materia de réxime local, por iniciativa do Goberno galego, recolle medidas concretas encamiñadas a apoiar a fusión entre concellos de municipios ao garantir maior financiamento. Tamén desde ese ano se acordou que todas as convocatorias de axudas a concellos ofrezan vantaxe aos proxectos presentados de xeito conxunto. Ademais, desde 2016 a normativa eleva a rango legal medidas complementarias para primar proxectos de xestión compartida e incentivar os procesos de fusión municipal.

Relacionadas

A Escola da Auga da Xunta comeza a funcionar co reto de impulsar a...

0
Ángeles Vázquez explica que a iniciativa está aberta tanto a técnicos e funcionarios municipais como a persoal de empresas privadas, que poderán acceder a...

Medio Rural pon en valor a Central Agropecuaria de Galicia en Silleda como referente...

0
A conselleira María José Gómez asistiu á segunda poxa de gando celebrada no que vai de ano nesta Central e salientou que este é...

A Xunta convoca hoxe as probas de avaliación en competencias clave para acceder á...

0
A convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, avaliará os coñecementos en matemáticas, lingua galega, lingua castelá e inglésEstá dirixida a persoas que...

A Xunta salienta que o Censo do patrimonio marítimo servirá de base para elaborar...

0
— Ángeles Vázquez indica que esta iniciativa, que é desenvolvida pola Universidade da Coruña con financiamento do Goberno galego, permitirá ofrecer datos clave para...

A Xunta designa o trbunal para as probas de aptitude profesional para exercer como...

0
o longo de 2025 haberá oito convocatorias en distintas categorías co obxectivo de  acadar os certificados profesionais para a condución de distintas categorías de...

Belén do Campo anima aos alumnos de Secundaria a participar no Concurso #PARQUEVIBRAS creando...

0
― A delegada destacou que esta nova iniciativa busca dar a coñecer entre a mocidade galega os seis parques naturais de Galicia para concienciar...

Publicacións Relacionadas