Home Pontevedra Baixo Miño Un centenar de participantes competirán esta fin de semana no Concurso Nacional...

Un centenar de participantes competirán esta fin de semana no Concurso Nacional de Saltos en Tui

- Anuncio -

Celebrarase mañá venres, sábado e domingo nas instalacións do Club Hípico Equigalia

Máis dun centenar de xinetes e amazonas daranse cita esta fin de semana en Tui para participar no II Concurso Nacional de Saltos que se celebrará nas instalacións do Club Hípico Equigalia, en Marco de Friande. Tras o éxito da edición de 2023 o club tudense, coa colaboración co Concello de Tui e a Federación Hípica Galega, organiza esta competición, unha das tres de carácter nacional que se celebran en Galicia.
Onte ao mediodía na presentación participaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o vicepresidente da Federación Hípica Galega, Gonzalo Autran, a presidenta do Club Hípico Equigalia, Elvira Crespo, a directora do concurso, Paula López e a secretaria do club, Natalia Blanco.
O alcade de Tui, Enrique Cabaleiro, indicaba que “é unha inmensa satisfacción que Tui se converta na capital do Concurso Nacional de Saltos”. Engadía que “sumamos unha proba deportiva máis ao amplo elenco de eventos deportivos que se celebran no municipio ao longo do ano”. Enrique Cabaleiro amosou o seu recoñecemento ao traballo que realizan dende o Club Hípico Equigalia manifestando que “froito dese traballo, compromiso e de dedicación se chega á celebración deste concurso nacional de saltos en Tui”. Aproveitou o rexedor tudense para reiterar o compromiso do concello co apoio ao deporte en xeral e á hípica en particular, lembrando a gran afección que ha na zona ao mundo do cabalo. Por último convidaba a acudir a presenciar esta proba esta fin de semana.
O vicepresidente da Federación Hípica Galega, Gonzalo Autran, destacou na súa intervención que en Galicia só se celebran dous concursos nacionais de Saltos, e este de Tui – que terá lugar por segundo ano consecutivo – é o terceiro. Ao longo da fin de semana haberá máis de 120 saídas a pista, segundo indicou, salientando que participarán xinetes moi importantes, con títulos nacionais e mesmo un olímpico, pero tamén haberá participantes de todas as idades. Por outra parte referiuse ás instalacións, cuxa preparación se ultima estes días, sinalando coma na pista empregouse xeotextil para amortiguar o salto dos cabalos no circuíto. Haberá amais bautismo hípico con ponis para cativos e cativas e unha zona de restauración.
A directora do concurso, Paula López, amosou a súa satisfacción por poder organizar esta competición tras o éxito acadado o ano pasado. Salientaba que “este ano duplicamos a lista de inscritos, os boxes, melloramos as pistas, temos material novo, agardamos que todas as persoas participantes volvan quedar moi satisfeitos”. A competición comezará xa mañá venres ás 14.30 h e continuará tanto o sábado coma o domingo dende as 10.30 h. Pero amais dos saltos, que serán espectaculares, destacaba Paula López, que tamén realizarán probas moi divertidas coma o Jump&Run por equipos, unha competición na que un xinete ou amazona e un corredor terán que realizar con zigzag, saltos… gañando o equipo que realice o percorrido no menor tempo.
Tui prepárase para converterse esta fin de semana na capital da hípica con este Concurso Nacional de Saltos, que atraerán aos afeccionados ao mundo do cabalo, pero tamén ao público en xeral para disfrutar dun gran espectáculo deportivo.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas