Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación leva este sábado á Illa de Arousa unha actuación de...

A Deputación leva este sábado á Illa de Arousa unha actuación de Lontreira no marco do programa +Música

- Anuncio -

O concerto financiado pola institución provincial forma parte das actividades organizadas co gallo do Festival da Mocidade e serve de peche aos concertos programados pola Deputación este ano

A Deputación de Pontevedra financia a través do programa +Música a actuación musical de Lontreira que se celebrará este sábado 21 de setembro a partir das 23:00 horas na Praza do Regueiro da Illa de Arousa. Con +Música, a institución provincial pon á disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes un catálogo de artistas galegos e en galego co obxectivo de fomentar a nosa cultura e a nosa lingua, así como impulsar a reputación da provincia de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel.

Lontreira é a formación de Adriana Cores, Héctor Rodríguez (Rotce) e Iván Barral, con raíces na Illa de Arousa e berce en Vigo. Na súa breve traxectoria acumulan méritos como o título á canción do verán no concurso convocado pola CRTVG polo seu tema ‘Corazón de toxo’, finalistas na categoría de grupo emerxente nos Premios Martín Codax da Música ou ser unha das 14 bandas seleccionadas para o MUMI (Músicas do Minho) entre máis de 300 candidaturas. A súa proposta electrónica intercala cancións e poemas en galego e vese reflexada, polo de agora, no seu primeiro álbum, ‘Apnea’ (2023), con temas como os populares ‘Campo da festa’ ou ‘A fonte’ que capturan a esencia da cultura e o medio natural galegos.

O concerto de Lontreira forma parte da programación do Festival da Mocidade da Illa de Arousa, e é unha das 59 actuacións que se están a celebrar entre maio e setembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia no marco deste programa provincial: 5 en maio, 2 en xuño, 20 en xullo, 26 en agosto e 6 en setembro. +Música ten un orzamento de 600.000 euros, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos. A actuación de Lontreira, así como a de Milladoiro tamén o sábado 21 de setembro no Porriño, son as últimas da actual edición do programa.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas