A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 14 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de hoxe no salón de plenos do Concello.
Licenzas (4 expedientes) A Xunta de Goberno acordou conceder 4 licenzas de obras: a Cáritas Diocesana de Ourense para o proxecto básico e de execución de reforma dun edificio na Praza Eirociño dos Cabaleiros¸ a 2 comunidades de propietarios para os proxectos de instalación de ascensor en senllos edificios de vivendas nas rúas Nicomedes Pastor Díaz e Ervedelo, e a unha particular para o proxecto de modificación da cuberta dun local na rúa do Paseo.
Patrimonio (5) A Xunta Local deu conta de 5 reclamacións de responsabilidade patrimonial presentadas por particulares. Tres delas desestímanse ao entenderse que non reúnen os requisitos legais que dan dereito a unha indemnización. Noutro caso, a xunta local acordou elevar ao Consello Consultivo de Galicia unha proposta de resolución, que consiste en desestimar a reclamación, polo mesmo motivo. O quinto acordo aprobado é considerar unha particular desistida da súa solicitude de reclamación.
Avogacía Consistorial (5) A Xunta de Goberno deu conta dunha sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense e dun decreto do Xulgado do Social número 2. Tamén foi informada de que o Concello comparecerá en 4 procedementos diante dos xulgados do Contencioso-Administrativo número 1 e dos xulgados do Social número 2 e número 4