Home Xunta de Galicia A Xunta promove a creación de alianzas entre persoas emprendedoras para fortalecer...

A Xunta promove a creación de alianzas entre persoas emprendedoras para fortalecer o tecido empresarial

- Anuncio -

— O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou a actividade Facer rede: Construción de alianzas e contactos entre persoas emprendedoras

— Esta acción foi organizada polos Polos de emprendemento de Baños de Molgas, O Carballiño e Silleda en colaboración co Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole

— Pablo Fernández salientou que a Rede de polos de emprendemento do Goberno galego é un grande apoio para xerar aprendizaxe, crecemento e riqueza e que, grazas a medidas como esta, Galicia obtivo o premio Rexión Emprendedora Europea 2025

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou hoxe a actividade Facer rede: Construción de alianzas e contactos entre persoas emprendedoras, organizada polos Polos de emprendemento de Baños de Molgas, O Carballiño e Silleda en colaboración co Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole. Alí puxo de relevo o apoio da Xunta de Galicia ás actividades deste tipo para a creación de alianzas entre persoas emprendedoras co fin de fortalecer o tecido empresarial.

Nesta liña, o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais salientou que a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego do Goberno galego é un grande apoio para xerar aprendizaxe, crecemento e riqueza e que, grazas a medidas como esta, a Unión Europea recoñeceu a Galicia co premio Rexión Emprendedora Europea 2025.
Ademais, lembrou que a Xunta ten en marcha coas confederacións empresariais de Ourense, A Coruña, Pontevedra e Lugo os encontros do programa Ultreia Galicia Rexión Emprendedora, retos e solucións para un territorio intelixente, financiado pola Unión Europea, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e que arrancaron esta semana en Ourense.

En relación coa actividade celebrada hoxe nas instalacións de Tecnópole, Pablo Fernández recoñeceu o seu valor, xa que combinou unha parte lúdica na que as persoas participantes interactuaron e intercambiaron experiencias sobre o emprendemento e a importancia de crear redes e colaboracións, con outra parte máis individual na que cada participante traballou en relación coas súas fortalezas e carencias. O evento incluiu unha terceira parte de interactuación dos participantes cos demais asistentes co fin de localizar a posibles provedores, prescritores ou socios.

Polos de Baños de Molgas, O Carballiño e Silleda

Esta actividade parte dos polos de emprendemento de Baños de Molgas, O Carballiño e Silleda que en total levan atendidos preto de 440 proxectos. Deles preto de 150 corresponden ao Carballiño, uns 30 ao de Baños de Molgas e preto de 260 ao de Silleda.

Relacionadas

A Escola da Auga da Xunta comeza a funcionar co reto de impulsar a...

0
Ángeles Vázquez explica que a iniciativa está aberta tanto a técnicos e funcionarios municipais como a persoal de empresas privadas, que poderán acceder a...

Medio Rural pon en valor a Central Agropecuaria de Galicia en Silleda como referente...

0
A conselleira María José Gómez asistiu á segunda poxa de gando celebrada no que vai de ano nesta Central e salientou que este é...

A Xunta convoca hoxe as probas de avaliación en competencias clave para acceder á...

0
A convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, avaliará os coñecementos en matemáticas, lingua galega, lingua castelá e inglésEstá dirixida a persoas que...

A Xunta salienta que o Censo do patrimonio marítimo servirá de base para elaborar...

0
— Ángeles Vázquez indica que esta iniciativa, que é desenvolvida pola Universidade da Coruña con financiamento do Goberno galego, permitirá ofrecer datos clave para...

A Xunta designa o trbunal para as probas de aptitude profesional para exercer como...

0
o longo de 2025 haberá oito convocatorias en distintas categorías co obxectivo de  acadar os certificados profesionais para a condución de distintas categorías de...

Belén do Campo anima aos alumnos de Secundaria a participar no Concurso #PARQUEVIBRAS creando...

0
― A delegada destacou que esta nova iniciativa busca dar a coñecer entre a mocidade galega os seis parques naturais de Galicia para concienciar...

Publicacións Relacionadas