Home Pontevedra Domínguez: “A planta de compostaxe non se vai a facer en Pontevedra...

Domínguez: “A planta de compostaxe non se vai a facer en Pontevedra pero seguen malgastando diñeiro no alugueiro dos terreos da Canicouva”

- Anuncio -

• O tempo dá a razón ao PP co diñeiro malgastado das arcas municipais no alugueiro dunhas hectáreas da parroquia que, nove anos máis tarde, seguen sen uso nin viabilidade

• Domínguez reprocha a Lores que “non alugase os terreos no momento que tivese sobre a mesa un proxecto definitivo para construír a planta de tratamento de residuos”

O portavoz municipal Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, argumentou que o tempo lle ha dado a razón co diñeiro malgastado das arcas municipais no alugueiro dos terreos da Canicouva para unha planta de tratamento de residuos que, nove anos máis tarde, pende dun fío.

Desde 2015, o Concello de Pontevedra comprometeuse a pagar 20.000 euros anuais á comunidade de montes afectada, por unhas dez hectáreas que están inutilizadas na parroquia debido á “incapacidade” do alcalde para xestionar o diñeiro público de todos os pontevedreses.

Os intentos en balde por licitar un novo contrato do lixo, que poña fin ao actual, vixente desde 1999, cando #Miguel Anxo Fernández Lores nin sequera era alcalde, fracasaron porque, entre as condicións máis difíciles de cumprir, os nacionalistas esixían a construción dunha planta de compostaxe na Canicouva.

Agora, o líder da oposición decatouse de que “non se vai a construír neses terreos” e adiantou que existe unha intención de realizar o centro de tratamento de residuos “fose do Concello de Pontevedra, nun municipio limítrofe”.

O vencedor das eleccións municipais considera que o tempo lle ha dado a razón ao PP co “malgasto de diñeiro público na Canicouva” e reprochou a Lores que “non se alugaron os terreos no momento no que tivese sobre a mesa un proxecto definitivo para construír a planta de compostaxe, antes de alugar durante case unha década, co sobrecusto que supón para o erario público, unhas parcelas que non son viables nin rendibles”.

Domínguez considera a xestión do contrato do servizo do lixo en Pontevedra o “fracaso máis rotundo de Lores nos seus 25 anos de goberno” porque, ademais de ter que pagar por uns terreos que non se van a utilizar e ser incapaz de licitar un novo contrato adaptado ás necesidades do século XXI, que acumula oito prórrogas, a cidade está “sucia e descoidada” polos dirixentes municipais.

Relacionadas

Luis López asiste á presentación oficial do percorrido de La Vuelta para o ano...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves no acto de presentación oficial do percorrido de La Vuelta 2025 celebrado no...

Mos volta ser protagonista de La Vuelta na súa 80ª edición e cando cumpre...

0
Tras as etapas Mos-Sanabria de 2020 e Sanxenxo-Mos de 2021, o vindeiro ano 2025 a localidade mosense será meta da etapa 16, Poio-Mos, que...

Novo trazado proxecto no túnel Autovía Vigo-Porriño

0
-         Nidia Arévalo esixe de novo a gratuidade da AP-9 e que se recupere o trazado do proxecto en túnel que figura no PXOM mosense -         A...

A Deputación e o Clúster de Turismo fomentan entre os axentes turísticos o coñecemento...

0
“Cremos que é fundamental establecer estruturas de traballo que permitan que toda a cadea de valor do turismo en Galicia configure unha rede de...

O Concello de Portas métese de cheo no Nadal coa entrega de premios do...

0
O alcalde Ricardo Martínez aproveitará estes actos da fin de semana para felicitarlle as festas á veciñanza O concello de Portas vivirá unha fin de...

A Deputación visita en Poio a estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO-308 na que se investirán...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes, visitaron a zona na que, entre outras actuacións, se executará...

Publicacións Relacionadas