Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia Máis dun milleiro de persoas participan mañá na proba de coñecementos do...

Máis dun milleiro de persoas participan mañá na proba de coñecementos do proceso selectivo para cubrir 84 prazas de Policía Local en 32 concellos

- Anuncio -
  • Os aspirantes realizarán este primeiro exercicio da oposición no recinto feiral de Silleda e, a continuación, as persoas non exentas someteranse ao segundo exercicio correspondente á proba de lingua galega
  • Os 300 aspirantes con mellor cualificación na proba de avaliación de coñecementos de mañá serán convocados ás probas físicas
  • As persoas que superen todos os exercicios da oposición, incluídos o psicotécnico e o recoñecemento médico, realizarán un curso selectivo na Academia Galega de Seguridade Pública formando parte da 17ª promoción de Policía Local da Agasp

Máis dun milleiro de persoas participan mañá no recinto feiral de Silleda nos primeiros exercicios do proceso selectivo de acceso a 84 prazas de Policía Local convocadas por 32 concellos de xeito centralizado a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

O exercicio consistirá nunha proba de avaliación de coñecementos tipo test de 120 minutos con 100 preguntas e catro respostas alternativas propostas polo tribunal designado para xulgar o proceso selectivo, das cales só unha é correcta. O tribunal acordou incluír no cuestionario 10 preguntas de reserva, que no suposto de que se anule algunha das cuestións da proba de coñecementos se terán en conta e se puntuarán igual que as do resto do exercicio. A proba terá unha duración de 120 minutos, e non se concederá tempo a maiores.

As cuestións están relacionadas cos 40 temas que compoñen o contido teórico de acceso. Entre eles figuran dereito constitucional e penal, policía administrativa, tráfico e seguridade viaria, así como deontoloxía policial, violencia de xénero e dereitos humanos.

Na mesma xornada e, inmediatamente a continuación da primeira proba, as case 300 persoas non exentas terán que someterse ao segundo exercicio da oposición, isto é, a proba de avaliación do coñecemento da lingua galega. Consistirá na tradución dun texto do castelán ao galego e outro do galego ao castelán e terá unha duración máxima dunha hora. Están exentas desta proba as persoas que acreditaron contar con certificado Celga 4 ou equivalente.  

Probas físicas e psicotécnico

As 300 persoas aspirantes que resulten aprobadas con mellor cualificación na proba de avaliación de coñecementos de mañá serán convocadas ao terceiro exercicio correspondente ás probas físicas – de velocidade, de potencia de trens superior e inferior e de resistencia xeral e de natación- sempre que sexan aptas na proba de coñecementos da lingua galega ou estean exentas da súa realización.  

O proceso prevé  tamén unha proba psicotécnica para determinar as actitudes e aptitudes persoais e a súa adecuación ás funcións policiais. Os exercicios culminan cun recoñecemento médico para garantir que as persoas aspirantes estean nas condicións axeitadas para o desenvolvemento das funcións policiais.

As persoas aspirantes que cheguen ao final do proceso deberán entón superar o curso selectivo de formación teórica e práctica na Academia Galega de Seguridade Pública, formando parte da 17ª promoción de Policía Local para ser finalmente nomeado persoal funcionario de carreira na categoría de policía no correspondente concello.

Cooperación cos concellos

A Xunta coopera desde 2017 cos concellos galegos na selección dos membros dos corpos de policía local,  a través dun convenio de colaboración cos municipios que decidan delegar na Administración autonómica a selección dos seus corpos de Policía Local.

Os 32 municipios que ofertan 84 prazas a través desta convocatoria son A Coruña, A Laracha, Bergondo, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cedeira, Malpica, Melide, Narón, Pontedeume, Ribeira, Sada, Santiago de Compostela, Teo, na provincia da Coruña; A Guarda, Baiona, Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa, na provincia de Pontevedra; os lucenses de Chantada, Lugo e Ribadeo e o ourensán do Barco de Valdeorras.

Ademais de formar as promocións de policía local e auxiliares e das categorías de mando, a Agasp é o centro de referencia da formación das forzas e corpos de seguridade e dos servizos de emerxencias cun amplo plan de formación continua anual.

Relacionadas

Diego Calvo participa como piloto nun dos tramos da oitava edición do ‘Eco Rallye...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou a importancia deste evento que reuniu a medio cento de pilotos e que pasará ata o...

Diego Calvo asistiu ao acto de apertura do ano xudicial en Galicia

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, xunto co director xeral de Xustiza, José Tronchoni, e a delegada territorial da Xunta na...

A Xunta participa na I Edición dos premios Arte&Comunicación que recoñecen o talento e...

0
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou hoxe na I Edición dos Premios Arte&Comunicaciones onde entregou á firma Seguridade...

A Xunta pon o Centro de Innovación Norvento Enerxía como exemplo de desenvolvemento sostible...

0
Ángeles Vázquez salienta o máximo apoio e impulso da Administración autonómica ás enerxías renovables, á descarbonización e ao emprego verde co obxectivo de garantir...

A Xunta traballa nun marco normativo para que Santiago xestione e implante a súa...

0
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, avanzou esta medida hoxe á alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, no encontro mantido en...

A doutora María Encarnación Lucaaas é a nova directora de Atención Hospitalaria da Área...

0
― O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na súa edición de hoxe, número 182, a orde da Consellería de Sanidade co seu nomeamento ―...

Publicacións Relacionadas