Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López destaca como un novo compromiso da Deputación con Vigo o...

Luis López destaca como un novo compromiso da Deputación con Vigo o rescate de 6,2 millóns de euros en investimentos antes do vencemento do prazo

- Anuncio -

O presidente provincial asina tres convenios co alcalde de Vigo, Abel Caballero, para a execución de tres proxectos que aseguran o aproveitamento destes fondos

Luis López destaca o papel da vicepresidenta para desbloquear os acordos: “se Vigo vaise beneficiar deste enorme investimento, foi porque Luisa Sánchez pilotou as negociacións”

A Deputación ten comprometidos 30 millóns de euros para executar proxectos en Vigo como a construción da grada de Gol de Balaídos ou a reapertura do Cine Fraga

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destacou a colaboración institucional entre o organismo provincial e o Concello de Vigo para asegurar un investimento de 6,2 millóns de euros, dos que a Deputación achega o 70 %, para executar tres obras de mellora da mobilidade urbana na principal cidade de Galicia. Na Pinacoteca Fernández del Riego, o presidente Luis López e o alcalde Abel Caballero asinaron tres convenios para a instalación de ramplas mecánicas entre as rúas Álvaro Cunqueiro e Tarragona por 2,8 millóns, a humanización de San Roque por 2,3 millóns e a implantación dun novo ascensor en Juan Ramón Jiménez por 1,15 millóns. “Estabamos ante o risco certo de que Vigo, o 1 de xaneiro, quedara sen 6,2 millóns para investir. Ante tal escenario, tiñamos tres alternativas: lamentarnos, buscar culpables ou solucionar. Pois ben; solucionamos”, afirmou o presidente Luis López despois de firmar os acordos.

O Concello de Vigo e a Deputación asinaran en maio do ano 2021 un convenio para investir 15,8 millóns ao longo das anualidades do 2021, 2022 e 2023. Pero ante a imposibilidade de completar os proxectos previstos no prazo establecido e o risco da perda do financiamento, acordouse aproveitar eses fondos para executar estes tres novos convenios. Completados os trámites administrativos, López e Caballero deron este venres luz verde a tres acordos “para que os prazos non nos atropelen e as obras pasen do papel á realidade”, subliñou o presidente.

Neste sentido, o titular do goberno da Deputación puxo en valor o papel e o traballo realizado da vicepresidenta Luisa Sánchez para desbloquear estes acordos e evitar a perda do investimento. “Todo tería sido moi distinto de non ser pola insistencia, o empeño persoal e a solvencia técnica da vicepresidenta Luisa Sánchez. Cómpre ser xusto, se Vigo vai beneficiarse deste enorme montante de investimento, foi porque ela pilotou as negociacións tanto fóra da Deputación como dentro da Deputación. Así que hoxe estamos todos de parabéns: polo investimento, e por encontrar a vía de asegurar que se fagan realidade”, destacou Luis López.

A Deputación inviste 30 millóns de euros en Vigo
A implicación do goberno da Deputación para a execución de proxectos clave na cidade de Vigo está a ser unha constante ao longo do presente mandato, de feito son xa 30 os millóns de euros comprometidos por parte do goberno provincial. Ademais destes 4,2 millóns de euros, “hai que contar os 13 millóns que destinamos á nova Grada de Gol de Balaídos, os 4,6 millóns que incorporamos á compra do Cine Fraga para convertelo nun epicentro cultural, e as partidas orzamentarias reservadas para investimento na cidade”, lembrou Luis López.

Despois de poñer en valor as pontes tendidas esta semana pola Deputación con outras administracións como a Xunta de Galicia para avanzar no plan de usos do Cine Fraga ou coa Subdelegación e a Xunta para inaugurar as obras do CEIP Daría González de Pontevedra, o presidente amosou o seu agradecemento co alcalde Abel Caballero e ao Concello de Vigo, así como cos técnicos e coa vicepresidenta provincial Luísa Sánchez pola colaboración para facer realidade a sinatura destes convenios. “Quen ten vontade real e leal de colaboración, atopa sempre as portas abertas da Deputación”, concluíu Luis López.

Relacionadas

O Concello instala unha marquesiña en Dr. Otero Ulloa para as persoas usuarias do...

0
A orientación da marquesiña responde a cuestións de seguridade e accesibilidade, ademais de evitar molladuras e incomodidades nos días de mal tempo O concelleiro de...

O Museo do Mar organiza unha nova edición da súa homenaxe ás mulleres e...

0
A concelleira de Cultura, Marián Sanmartín, presentou xunto coa directiva da asociación este evento, que será este domingo e contará cun recoñecemento pola mañá...

O Concello informa dun corte puntual da auga en Jaime Janer o luns 23...

0
Será entre as 09.00 e as 13.00 horas e ten que ver coas obras de saneamento, que supoñen a renovación do colector do río...

10 anos, récord de participación e dúas olímpicas: a Masterclass de Agarimo que encherá...

0
A alcaldesa, María Ramallo, acompañada dos concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña, recibiron esta mañá no Concello aos directivos do club marinense e ás...

Un total de 650 persoas participarán na Terceira Anadaina concello de Campo Lameiro que...

0
Levarase a cabo sobre un percorrido longo de 24 quilómetros, outro 14 Kms. e un pequeno de 8 Kms. Un total de 650 persoas formalizaron...

A Eurocidade Cerveira Tomiño súmase por primeira vez á Semana Europea do Deporte

0
Baixo o lema #BeActive promoverá a actividade física con accións dirixidas a todos os públicos do 23 ao 29 de setembro A Eurocidade Cerveira-Tomiño prepárase...

Publicacións Relacionadas