Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación supervisa os traballos que está a desenvolver para a conservación...

A Deputación supervisa os traballos que está a desenvolver para a conservación e mellora do firme na EP-9601 Cea-Castrogudín en Vilagarcía de Arousa

- Anuncio -

A deputada provincial Isabel Couselo recorreu o tramo de máis de 300 metros no que se está a renovar o pavimento e a mellorar a plataforma

A Deputación de Pontevedra está a executar os traballos de conservación e mellora do firme na estrada provincial EP-9601 Cea-Castrogudín en Vilagarcía de Arousa. A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, recorreu o tramo de máis de 300 metros no que se está a realizar a actuación, enmarcada no acordo marco de conservación de firmes na rede viaria da Deputación que ascende a 4,5 millóns de euros.

Segundo destacou Couselo, as obras de conservación e mellora de firme que se realizaron en Vilagarcía de Arousa teñen por obxectivo manter a capacidade portante do firme, coa renovación da capa de rodadura con aglomerado en quente e tamén da drenaxe. Nestes momentos, tal e como informou a deputada provincial, falta por repoñer a sinalización horizontal para completar a actuación, que comprende preto do 20% da lonxitude desta estrada provincial nunha área de 1.900 metros cadrados,

Isabel Couselo lembrou que esta é só unha das actuacións incluídas no acordo marco de obras de conservación de firmes que ascende a 4,5 millóns de euros e que, no que respecta á zona na que se sitúa a Vilagarcía de Arousa, o lote 3, supón un investimento de máis de 730.000 euros. Nestas semanas está previsto que se realicen traballos contemplados no lote 3 do acordo marco nas estradas provinciais EP-9701 Baión-András (Vilanova), na EP-9497 A Goulla-Porráns (Portas) e nas EP-9403 Santo Tomé-San Salvador e EP-9406 Galles-A Armenteira polo Concello de Meis.

Relacionadas

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día...

0
O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro O...

Baiona mantén a súa Cabalgata o domingo pola tarde

0
O domingo 5 de xaneiro está previsto que as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visiten Baiona subidos nas súas maxestosas carrozas e...

A Deputación bota o peche do xogo de escapismo do Castelo de Soutomaior coas...

0
O xogo, para o que están á venda as entradas dos oito pases que se realizarán o sábado 11 e o domingo 12 de...

A Deputación acada en 2024 o maior dato en dez anos de visitas ás...

0
Increméntase o número de visitantes individuais, grupos e participantes en actividades, aínda que o dato global baixa debido ao peche das ruínas de San...

O Porriño prepárase para recibir ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente no...

0
● 120 personas acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar a partir das 17:30 h no pavillón municipal ● Os Reis Magos chegarán no Tren do...

A Deputación mantén aberta a exposición “Cines de Pontevedra” en Vigo ata o próximo...

0
A mostra pode visitarse na sala Rosalía de Castro da sede viguesa da institución provincial e busca rememorar os recordos dos vellos cines e...

Publicacións Relacionadas