Home Pontevedra Campo Lameiro Un total de 650 persoas participarán na Terceira Anadaina concello de Campo...

Un total de 650 persoas participarán na Terceira Anadaina concello de Campo Lameiro que se celebra este domingo

- Anuncio -

Levarase a cabo sobre un percorrido longo de 24 quilómetros, outro 14 Kms. e un pequeno de 8 Kms.

Un total de 650 persoas formalizaron a súa inscrición para participar na III Andaina Concello de Campo Lameiro que se celebrará este domingo 22 de setembro sobre un percorrido longo de 24 quilómetros, outro de 14 quilómetros e un pequeño de 8 quilómetros, segundo informou o alcalde Carlos Costa e o Comité Organizador formado, entre outros, por Mónica Arza, Jesús García Ameijeiras e Paula Pazos, así como outras moitas persoas encargadas de varios departamentos e cometidos dentro do complicado e laborioso proceso de organización desta actividade que conta coa colaboración da Xunta e da Deputación de Pontevedra.

Esta iniciativa, impulsada polo Concello de Campo Lameiro, tenta reunir deporte, proxección turística do municipio e solidariedade, xa que o 50% da recadación das inscricións desta proba non competitiva irá destinada integramente para a “Fundación Andrea”, unha asociación que axuda aos nenos con enfermidades raras e de longa duración con moito tempo de hospitalización.

Este proxecto, ademais de estar coordinado polo Concello de Campo Lameiro, conta co apoio da práctica totalidade do tecido empresarial do municipio que permitirá ofrecer un aperitivo para todos os participantes así como o sorteo de varios produtos doados polas empresas da zona entre todos os deportistas.

Así, esta proba pedestre non competitiva pretende promocionar tamén dos distintos lugares e paraxes marabillosas que conforman o patrimonio natural e medioambiental do concello de Campo Lameiro, Capital da Arte Rupestre de Galicia, e a organización estableceu un percorrido circular con varios postos de avituallamento para facilitar que os participantes estean perfectamente atendidos ao longo de toda andaina.

O percorrido establecido pola organización contempla un desnivel positivo de 860 metros para a distancia longa de 24 quilómetros, que terá tamén habilitados 3 avituallamentos. No caso do trazado medio, de 14 quilómetros, disporá de dous avituallamentos e no curto, de 8 quilómetros, un.

Para incentivar a inscrición neste evento deportivo e turístico, a organización estableceu varios sorteos de produtos doados por establecementos comerciais da contorna entre todos os dorsais inscritos, que tiveron que abonar 10 euros por participar en concepto de seguros, etc. 5 euros de cada inscrición irán destinados integramente á Fundación Andrea de apoio a nenos e nenas con enfermidades de longa duración, crónicas e terminais.

Ao remate deste evento turístico-deportivo a organización servirá un aperitivo a base de pinchos nos que haberá empanada, mexillóns e callos que poderán ser degustados e acompañados por bebidas refrescantes doadas polos establecementos colaboradores.

Relacionadas

A Deputación ultima o prazo para presentar candidaturas á primeira edición dos Premios Sociais...

0
Outorgaranse tres galardóns, valorados en 15.000 euros, que distinguirán toda unha vida profesional no eido social, a traxectoria dunha entidade de iniciativa social e...

Luis López anuncia o reparto de 245.000 € para que clubs e federacións de...

0
Son 150.000 € da liña 1, que permitirán organizar competicións deportivas federadas oficiais de ámbito estatal e de alto nivel, e 95.000 € da...

Luis López anuncia o reparto de preto de 120.000 € para que clubs e...

0
Son 81.000 € da liña 1, que permitirán organizar competicións deportivas federadas oficiais de ámbito estatal e de alto nivel, e 37.000 € da...

Luis López anuncia o reparto de 85.000 € para que clubs e federacións da...

0
Son 51.000 € da liña 1, que permitirán organizar competicións deportivas federadas oficiais de ámbito estatal e de alto nivel, e 34.000 € da...

Luis López anuncia o reparto de 35.000 € para que clubs e federacións das...

0
Son 13.000 € da liña 1, que permitirán organizar competicións deportivas federadas oficiais de ámbito estatal e de alto nivel, e 22.000 € da...

A Deputación levará este domingo a preto de 90 persoas da provincia a desfrutar...

0
Son 87 persoas de 23 concellos da provincia, que chegarán ao Hotel Carlos I, Ao Gran Talaso e ao Novo Astur, en Sanxenxo Preto de...

Publicacións Relacionadas