A alcaldesa, María Ramallo, acompañada dos concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña, recibiron esta mañá no Concello aos directivos do club marinense e ás ximnastas Boryana Kaleyn e Margarita Kolosov
Soprar as velas dun décimo aniversario e facelo cun récord de participación cifrado en 250 ximnastas non é nada doado. Pero o Club Agarimo vén de conseguilo. Esta fin de semana volverán encher o Pavillón da Raña cunha masterclass que estará dirixida polas olímpicas Boryana Kaleyn e Margarita Kolosov, ás que a alcaldesa, María Ramallo, e os concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña recibiron hoxe na Casa Consistorial.
Kaleyn, ximasta búlgara en modalidade individual, acadou unha prata en París 2024 despois de colleitar un quinto posto en Tokio 2020. Pola súa banda, a alemana Kolosov ten no sey haber dúas medallas de prata no Campionato Mundial de Ximnasia Rítmica, nos anos 2022 e 2023, en probas por equipos, e acadou un diploma olímpico polo carto posto conseguido nos Olímpicos parisinos.
“O mellor da ximansia rítmica mundial pasou, pasa e pasará por Marín”, aseguraron desde o club marinense durante a recepción das deportistas, que ofrecerán unha gala final ás 19.30 horas do domingo 22 na Raña con entrada gratuíta para todo aquel que queira desfrutar deste deporte ao máis alto nivel.