Home Pontevedra O Condado Convocadas probas para a obtención dos certificados de lingua galega (CELGA 2,...

Convocadas probas para a obtención dos certificados de lingua galega (CELGA 2, 3 E 4)

- Anuncio -

• As probas terán lugar en Santiago de Compostela e Ponferrada na segunda quincena de novembro do 2024

• Os interesados e interesadas teñen ata o 4 de outubro para presentar a solicitude e aboar as taxas do exame

O Concello de Ponteareas informa da convocatoria de probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4, convocadas pola Secretaría Xeral da Lingua, que permiten certificar o coñecemento que unha persoa ten do galego a efectos de xustificar méritos ou requisitos laborais e académicos.
As probas para a obtención destes certificados oficiais realizaranse en Santiago de Compostela e Ponferrada e terán lugar durante a segunda quincena de novembro do 2024 (as datas concretas serán publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral da Lingua).
Os interesados e interesadas teñen de prazo ata o 4 de outubro para inscribirse. Deberán cubrir un formulario de solicitude e aboar o pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame.
As persoas que precisen máis información sobre as probas ou o formulario poden dirixirse ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas.

Relacionadas

A Xunta mellora o Centro Ocupacional e de día do concello de Valga cun...

0
As actuacións son o resultado dos convenios de colaboración asinados entra ambas administracións no 2024Ademais das obras realizadas, concedeuse unha achega para a compra...

BNG exixe explicacións a Transportes ante as incidencias ferroviarias de inicio de ano

0
Néstor Rego avanza o rexistro de iniciativas para coñecer a que se deberon as incidencias en época de alta mobilidade e que aconteceu cos...

O BNG de Vigo urxe a Caballero a executar as medidas aprobadas polo Pleno...

0
Dous anos despois de aprobada a moción do Bloque na que se declarou formalmente Vigo como “cidade contraria a todas as formas de maltrato...

O CEIP Plurilingüe de Leirado en Salvaterra de Miño vén de ser galardoado no...

0
O CEIP Plurilingüe de Leirado en Salvaterra de Miño vén de ser galardoado no X Concurso de Traballos por Proxectos que foi convocado pola...

A Deputación organiza este sábado na Lama e Oia dous novos concertos do ciclo...

0
Dania Diva (na Lama) e o dúo formado por Emilio Rúa e Xosé Carlos Caneiro (en Oia) ofrecerán dúas actuacións como parte do programa...

Domínguez garante aos veciños de Bora a súa “colaboración total para saldar a débeda...

0
• O presidente do PP de Pontevedra mantén un encontro con máis de 40 asistentes a unha reunión centrada na falta de saneamento, a...

Publicacións Relacionadas