- Tamén acompañaráse cunha profesional de Enfermaría no centro de saúde de Tenorio e no centro de saúde de Forcarei
- O xerente José Flores tamén notificou ao alcalde Jorge Cubela a vindeira incorporación en outubro dun novo profesional de Enfermaría ao centro de saúde de Carballedo
O xerente da Àrea Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores, mantivo esta mañá no hospital Montecelo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra unha xuntanza técnica co rexedor do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, na que se confirmaron novedades na cobertura sanitaria de Atención Primaria desta localidade.
No transcurso deste encontro, que da continuidade á anterior xuntanza mantida entre este Consistorio e a Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés, celebrado no pasado mes de outubro de 2023, o doutor José Flores -quen estivo acompañado pola directora asistencial Yolanda Sanduende e a directora de Atención Primaria, Itziar Melendo- confirmou ao alcalde Jorge Cubela a reincorporación da Pediatra á súa praza desde o pasado 19 de setembro, acompañada dunha profesional de Enfermaría.
Así mesmo, durante esta xuntanza técnica notificouse a vindeira incorporación durante o mes de outubro dun novo profesional de Enfermaría ao centro de saúde de Carballedo. Dito reforzo facilita que, a partires dese intre, a Atención Primaria que a Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés presta no Concello de Cerdedo-Cotobade disporá de dous equipos completos de médico e enfermeiro. Esa dotación compleméntase cos equipos de soporte de atención domiciliaria -ESAD- que continúan a súa actividade asistencial nesta poboación.
Visita técnica ao centro de saúde de Carballedo
O alcalde Jorge Cubela e o xerente José Flores consensuaron para a presente semana unha visita técnica ao centro de saúde de Carballedo, cara a avanzar nas xestións para acondicionar dependencias e atender necesidades de espazos deste centro de Atención Primaria.
O doutor José Flores Arias reiterou o compromiso do Servizo Galego de Saúde para continuar coas xestións administrativas dende a Àrea Sanitaria de Pontevedra e O Salnés para acadar novas melloras de Atención Primaria nos centros de saúde do Concello de de Cerdedo-Cotobade.