Home Pontevedra O Condado O Cuarteto de gaitas Redemuiños gaña o LVI Concurso de Gaitas do...

O Cuarteto de gaitas Redemuiños gaña o LVI Concurso de Gaitas do País de Ponteareas

- Anuncio -

O grupo mosense Redemuíños recolleu da man da alcaldesa Nava Castro e do tenente de alcalde e concelleiro de Cultura, Juan Carlos González, a gaita realizada polo artesán ponteareán José Gil e o premio de 2.000€ ao resultar gañadores do LVI Concurso de Gaitas do País de Ponteareas.

O certame máis antigo de Galicia reuniu a un xurado experto e de luxo como José Manuel Gil, Antonio Gutiérrez, Brais Monxardín, Edelmiro González e Andrés Vilán que acordaron outorgar o cuarto posto ao grupo de Tomiño a Amalloas con 700€; o terceiro dotado de 1.000€ a Lume de Cana de Vigo e o segundo premio dotado de 1.500€ e tamboril de Sanín a Algarabía de Verín.

A Muiñeira Lixeiriña de Xosé Bandín e a xota de Riotorto recollida por Florencio o cego dos Vilares interpretada polos gaiteiros Roi González e Serxio Estévez, polo bombeiros Adrián Pereira e polo tamborileiro Juan Manuel Pérez, todos de Redemuíños cativaron aos membros do xurado.

Durante o concurso de gaitas rendeuse homenaxe a Manuel Alonso tamborileiro de Noitarega, mestre de gaiteiros e membro ao longo de moitas edicións do certame. En presenza da súa familia proxectouse un vídeo que recollía brevemente a súa traxectoria e importancia no eido da música tradicional. O cuarteto Contracocheno, participante noutras edicións deste concurso e moi vencellado ao homenaxeado ofreceu un breve concerto mentres o xurado deliberaba.

A alcaldesa, Nava Castro, e o tenente de alcaldesa agradecen o traballo do xurado e dos grupos participantes así como do público presente que encheu o auditorio municipal Reveriano Soutullo. Dende o escenario alcaldesa e tenente de alcaldesa adiantaron que seguirán apoiando as iniciativas que reforcen e difundan o folclore popular e a tradición gaiteira de Ponteareas e adiantaron estar abertos a innovacións que promovan a participación e engrandezan este concurso.

Relacionadas

Luis López asiste á presentación oficial do percorrido de La Vuelta para o ano...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves no acto de presentación oficial do percorrido de La Vuelta 2025 celebrado no...

Mos volta ser protagonista de La Vuelta na súa 80ª edición e cando cumpre...

0
Tras as etapas Mos-Sanabria de 2020 e Sanxenxo-Mos de 2021, o vindeiro ano 2025 a localidade mosense será meta da etapa 16, Poio-Mos, que...

Novo trazado proxecto no túnel Autovía Vigo-Porriño

0
-         Nidia Arévalo esixe de novo a gratuidade da AP-9 e que se recupere o trazado do proxecto en túnel que figura no PXOM mosense -         A...

A Deputación e o Clúster de Turismo fomentan entre os axentes turísticos o coñecemento...

0
“Cremos que é fundamental establecer estruturas de traballo que permitan que toda a cadea de valor do turismo en Galicia configure unha rede de...

O Concello de Portas métese de cheo no Nadal coa entrega de premios do...

0
O alcalde Ricardo Martínez aproveitará estes actos da fin de semana para felicitarlle as festas á veciñanza O concello de Portas vivirá unha fin de...

A Deputación visita en Poio a estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO-308 na que se investirán...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes, visitaron a zona na que, entre outras actuacións, se executará...

Publicacións Relacionadas