Home Pontevedra Domínguez reúne a 40 veciños de Lérez, anoxados cos desprezos de Lores

Domínguez reúne a 40 veciños de Lérez, anoxados cos desprezos de Lores

- Anuncio -

• O líder do PP local logra que a Deputación de Pontevedra financie con 1.396.662,33 euros o proxecto de mellora da iluminación da parroquia

• Domínguez valora os encontros veciñais como unha das actividades políticas máis “satisfactorias e gratificantes” porque lle permite saber “as necesidades reais dos pontevedreses”

O presidente e portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, reúne a unha corentena de veciños da parroquia de Lérez para escoitar as súas necesidades e profundar con eles nos problemas de sucidade, iluminación, falta de aparcamento e ausencia total de mantemento por parte do Goberno local.

O xefe da oposición valora os encontros veciñais como unha das actividades máis “satisfactorias e gratificantes” da súa faceta política porque lle permite saber “as necesidades reais dos pontevedreses para tratar de mellorar todo o ámbito urbano e, especialmente, o rural; ao que o alcalde dá as costas descaradamente durante os catro anos de mandato ata que chegan as eleccións”.

Domínguez realizou un percorrido polas rúas da parroquia, acompañado polos concelleiros populares Martín Martínez e Silvia Crespo, antes de comezar a reunión na Casa dá Cultura de Lérez. Tras informar os asistentes de que a súa parroquia será “prioritaria” para o partido máis votado da cidade, atendeu todas as preguntas dos residentes da zona “anoxados cos desprezos” dos responsables políticos do Concello de Pontevedra.

O portavoz dos populares aproveitou a visita para informarlles do proxecto de mellora de renovación da iluminación en Lérez, que financia a Deputación de Pontevedra con 1.396.662,33 euros, e que redundará en beneficio dunha parroquia con necesidades imperiosas de iluminación pública.

A pesar dos esforzos en balde do BNG por entorpecer o seu labor como vicepresidente da Deputación provincial, Domínguez continuará “priorizando á miña cidade e os meus veciños fronte aos que optan pola crispación política para tapar as súas vergoñas”, manifestou en referencia ao abandono do rural, os apagamentos da iluminación pública, o obsoleto contrato do lixo, a desatención dos servizos sociais ou a falta de proxectos urbanísticos do Concello.

Relacionadas

Luis López asiste á presentación oficial do percorrido de La Vuelta para o ano...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves no acto de presentación oficial do percorrido de La Vuelta 2025 celebrado no...

Mos volta ser protagonista de La Vuelta na súa 80ª edición e cando cumpre...

0
Tras as etapas Mos-Sanabria de 2020 e Sanxenxo-Mos de 2021, o vindeiro ano 2025 a localidade mosense será meta da etapa 16, Poio-Mos, que...

Novo trazado proxecto no túnel Autovía Vigo-Porriño

0
-         Nidia Arévalo esixe de novo a gratuidade da AP-9 e que se recupere o trazado do proxecto en túnel que figura no PXOM mosense -         A...

A Deputación e o Clúster de Turismo fomentan entre os axentes turísticos o coñecemento...

0
“Cremos que é fundamental establecer estruturas de traballo que permitan que toda a cadea de valor do turismo en Galicia configure unha rede de...

O Concello de Portas métese de cheo no Nadal coa entrega de premios do...

0
O alcalde Ricardo Martínez aproveitará estes actos da fin de semana para felicitarlle as festas á veciñanza O concello de Portas vivirá unha fin de...

A Deputación visita en Poio a estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO-308 na que se investirán...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes, visitaron a zona na que, entre outras actuacións, se executará...

Publicacións Relacionadas