A programación de actividades das Festas de Santa Teresita requirirá realizar esta fin de semana cortes de tráfico en varias rúas do barrio. Levaranse a cabo mañá, venres, 27, desde as 19.00 horas, e o sábado, 28 e o domingo, 29, desde as 18.00 horas, e continuarán até que rematen as actuacións musicais. As rúas afectadas son Río Búbal, Río Sil, Quitián desde Alejandro Pedrosa, Santa Teresita (desde Quintián até Alejandro Pedrosa) e río Xares
O dispositivo de tráfico deseñado pola Policía Local de Ourense establece 2 rutas alternativas, en sentido ascendente: a través da rúa Alejandro Pedrosa ou a través das rúas Quintián, Salas, Guizamonde e Alejandro Pedrosa; e outras 2 rutas en sentido descendente: por Alejandro Pedrosa ou por Avenida de Santiago-Río Limia, e viceversa.