Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Ourense O Pleno aproba a adopción de medidas de apoio a viticultores, gandeiros,...

O Pleno aproba a adopción de medidas de apoio a viticultores, gandeiros, traballadores da automoción, Servizo de Axuda no Fogar e desenvolver o regulamento da minaría

- Anuncio -

As iniciativas aprobadas hoxe teñen como obxectivo mitigar as perdas nos viñedos da Ribeira Sacra, axudar aos gandeiros con explotacións afectadas pola enfermidade hemorráxica epizoótica, o mantemento e mellora do SAF, o apoio aos traballadores do Grupo Indea (antiga Hispamoldes) e instar á Xunta a desenvolver a Lei Galega de Minaría

Aprobouse a mellora das condicións de estacionamento do aparcadoiro do Hospital Santa María Nai, polas que se amplían os bonos gratuítos para os enfermos crónicos que teñen que recorrer frecuentemente ao Hospital para os seus tratamentos

Tamén foi aprobada unha modificación do orzamento do Inorde por importe de 30.000 euros para apoiar proxectos municipais vencellados ao sector turístico e gandeiro

O pleno da Deputación de Ourense, na sesión ordinaria correspondente ao mes de setembro, aprobou hoxe diversas iniciativas dos grupos políticos para apoiar aos viticultores da Denominación de Orixe da Ribeira Sacra e aos gandeiros con explotacións afectadas pola enfermidade hemorráxica epizoótica. Así mesmo, acordaron apoiar a adopción de medidas para o mantemento e mellora do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), defender o emprego nas empresas auxiliares de automoción na provincia e por último, instar ao desenvolvemento do regulamento da Lei Galega de Minaría.
Viticultores da Ribeira Sacra
O pleno aprobou unha proposición na que se pide ao Goberno galego que garanta unha liña de axudas para mitigar as perdas ocasionadas este ano nos viñedos da Ribeira Sacra pola uva non recollida. Unha proposta que inclúe que a Deputación de Ourense habilite, de maneira excepcional e moi xustificada, achegas económicas aos viticultores cando as axudas das administracións con competencias non asuman con cantidades suficientes as súas responsabilidades en momentos de crise.

A iniciativa pretende garantir a supervivencia das explotacións vitícolas, na situación de “excedente de viño” que se está a rexistrar, especialmente os tintos, que están a ter dificultades en todo o mundo.

Explotacións gandeiras afectadas pola EHE
Por outra banda, a corporación aprobou instar á Deputación a demandar da Consellería de Medio Rural a inmediata posta en marcha dun completo plan de axudas ás explotacións afectadas pola EHE. Tamén acordaron, neste punto, a que avalíe a habilitación, de xeito excepcional e xustificado, de achegas económicas dirixidas aos afectados cando as axudas do Estado e da Xunta non sufraguen suficientemente os prexuízos sobrevidos.
Acordaron que no caso de que desde a Deputación se habiliten estas axuda, se reclame a subscrición dun convenio entre Deputación e Xunta para recuperar as cantidades económicas investidas nesas axudas.
Por último, solicitarase á Xunta un plan de acción preventivo e de detección de cara a 2025, así como unha campaña información e de sensibilización de boas prácticas para evitar o contaxio do gando e favorecer a detección precoz da mesma.
Emprego nas empresas auxiliares de automoción
Outra das iniciativas políticas aprobadas está centrada na difícil situación que atravesa o Grupo Indea (antigo Hispamoldes) e, en xeral, o sector auxiliar da automoción na provincia de Ourense. Por elo, propoñen instar ao Grupo Indea a garantir o mantemento dos postos de traballo e a readmitir aos traballadores despedidos. Ínstase tamén á Xunta a que reclame ao Goberno Central a transferencia dos fondos dos PERTE industriais ás comunidades autónomas e a que deseñe as convocatorias de axudas para as empresas auxiliares da automoción que garantan o emprego local e eviten a deslocalización.
Mantemento e mellora do SAF
Neste mesmo capítulo aprobouse unha proposta referida á mellora do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) prestado polos concellos ourensáns, pola que acordaron demandar da Xunta e a súa Consellería de Política Social e Igualdade a correcta asunción das súas competencias, que inclúen un financiamento acaído coa auténtica realidade do servizo, incrementado as partidas e actualizando o Fondo de Cooperación Local.
Así mesmo, ínstase á Xunta para dotar de medios e recursos humanos e materiais aos equipos de valoración de dependencia para reducir as listas de agarda e requintar a prestación do servizo, así como exercer de mediador en eventuais negociacións entre concellos, empresas e axentes sociais, para acadar os mellores acordos posibles en aras de garantir as mellores condicións para usuarios e demais partes implicadas no SAF.
Proxectos mineiros na provincia
Por último, aprobaron unha iniciativa centrada nos novos proxectos mineiros das comarcas da Limia e de Monterrei, pola que acordaron que se dea traslado á Deputación de Ourense para a súa análise polos técnicos e grupos políticos, da documentación polos que se sometía a información pública a solicitude do permiso de investigación dos proxectos de: Novo Arboim no concello de Oimbra, Novo Frixo nos concellos de Laza, Sarreaus e Cualedro e o proxecto de Novo Cima nos concellos de Verín e Vilardevós.
Así mesmo, que a Consellería de Economía e Industria da Xunta permita o acceso a esta institución, aos informes sectoriais e a toda a documentación que se incorpore ao expediente referenciado.
E, por último, instar a Xunta a desenvolver a Lei Galega de Minaría garantindo a seguridade xurídica, transparencia e participación pública na toma de decisións, recuperando a xestión pública do Catastro Mineiro de Galiza. Tamén elaborar o Plano sectorial de actividades extractivas, e garantir que os proxectos teñan a avaliación de impacto ambiental.

Novas tarifas do aparcadoiro do Hospital Santa María Nai
Por outra banda, a corporación provincial aprobou mellorar as condicións do estacionamento do Hospital Santa María Nai, polas que se amplían os bonos gratuítos que hai para os enfermos crónicos que teñen que recorrer frecuentemente ao Hospital para os seus tratamentos e colaborar con eles sufragando os gastos de aparcadoiro. Deste modo, para a AEEC concédense 20 bonos e para ALCER 16.
A maiores, modifícanse as tarifas xerais do aparcadoiro que van dos 0 euros os primeiros 30 minutos aos 0,025 euros por minuto nos seguintes 30 minutos, e de 0,020 por minuto o resto do tempo. Nas tarifas especiais hai bonos que van de 1 día aos de 50 horas por importe que oscilan os 6 aos 45 euros. E, as tarifas para residentes son de 35 euros e para empregados do CHUO de 25 euros ao mes.
Modificación orzamento do Inorde
Tamén se aprobou unha modificación do orzamento do Inorde por importe de 30.000 euros para apoiar proxectos municipais vencellados ao sector turístico e gandeiro.
Concretamente, unha axuda ao Concello de Parada do Sil por importe de 7.000 euros para o desenvolvemento do Plan de Sostibilidade Turística en Parada do Sil; outra axuda de 8.000 euros para o Concello de Castro Caldelas destinada á XXVII Feira-Concurso Comarcal de gando de vacún de razas autóctonas; e, por última, unha axuda para o Concello da Veiga por importe de 15.000 euros para o evento Crianza Trevinca: IV Exposición agrogandeira de Trevinca.
Outro dos asuntos aprobados polo Pleno foi a modificación do acordo de cesión á Xunta do uso da superficie que ocupa o aeródromo de Antela sobre seis parcelas. Este acordo ten como finalidade a seguridade e loita contra os incendios, cunha duración de 30 anos desde a súa sinatura.
Aprobouse tamén o cambio de titularidade a prol do Concello de Vilamartín de Valdeorras dun treito da estrada OU-0807 Vilamartín (N-536) – San Vicente, así como a rectificación do acordo relativo ao convenio de colaboración entre a CHMS, a Deputación e o Concello de Porqueira para obras de saneamento e depuración en núcleos do municipio.

Relacionadas

A Deputación promove a Ribeira Sacra como destino enoturístico en Italia

0
A Deputación de Ourense, a través do Inorde, vén de organizar unha presentación do destino turístico da Ribeira Sacra e unha cata de viños...

Luis López destaca un esforzo de máis de 900.000 euros da Deputación para mellorar...

0
O presidente provincial visita o concello da Cañiza para inaugurar o campo de fútbol, no que a Deputación investiu 630.000 euros para financiar unha...

O pleno da Deputación aproba un investimento de 4,6 millóns de euros para adquisición...

0
A sesión ordinaria serviu tamén para aprobar o proxecto para a mellora da seguridade viaria na estrada provincial entre Baión e András, en Vilanova...

A Deputación participa na inauguración da quinta edición da Feira da Saúde e Benestar...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado da deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, asistiu este venres na Praza de España de...

Luis López confirma que a provincia de Pontevedra recibiu este verán un 25% máis...

0
Luis López: “Este dato revalida que o esforzo levado a cabo en canto a promoción internacional da provincia está dando xa os seus froitos” A...

Luis López anuncia que +Emprega permitirá a máis de 70 mozos da provincia ter...

0
O proxecto desenvolverase entre 2024 e 2025 e os concellos de menos de 50.000 habitantes recibirán axudas entre 12.000 e 50.000 euros para as...

Publicacións Relacionadas